Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra destina 180.000€ ao Programa -Pontevedra, provincia + inclusiva- que promove a accesisibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación26/04/2024 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Territorio, Urbanismo Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Publicada no BOP de hoxe a convocatoria e as bases do Programa Pontevedra Provincia inclusiva, para a concesión de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro situadas en concellos de menos de 50.000 habitantes, para a promoción da accesibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas no 2024
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra destina 180.000€ ao Programa -Pontevedra, provincia + inclusiva- que promove a accesisibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas Publicada no BOP de hoxe a convocatoria e as bases do Programa Pontevedra Provincia inclusiva, para a concesión de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro situadas en concellos de menos de 50.000 habitantes, para a promoción da accesibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas no 2024
26/04/2024|Bop de Pontevedra

CONVOCATORIA E AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA”

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento e aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas á promoción da accesibilidade universal, á eliminación de barreiras e á adquisición de axudas técnicas destinadas a entidades sen fins de lucro situadas en concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra que se atopen inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia e que sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais nos ámbitos de inclusión, maiores e/ou discapacidade.

Finalidade

A finalidade destas subvencións será a cobertura de gastos ou custos que supoñan a mellora da accesibilidade arquitectónica e na comunicación, así como para a adquisición de axudas técnicas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teñan un dereito de uso por calquera título válido en dereito, cun período de cesión vixente por un mínimo de 5 anos seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Financiamento, contías e límites

  • A contía prevista para esta convocatoria de subvencións, con cargo á aplicación 24/231.2311.789.00 do Orzamento xeral da Deputación para o ano 2024, ascende a cento oitenta mil (180.000,00) euros, que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria.
  • A repartición das axudas farase polo sistema de rateo entre todas as solicitudes que reúnan os requisitos desta convocatoria cos condicionantes que se recollen a continuación.

O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento, nin da cantidade de dez mil (10.000,00) euros. En caso de que o importe solicitado supere os devanditos limiares, non se terá en conta o exceso.

De existir remanente, este será redistribuído e pasará a incrementar a consignación establecida entre todas as entidades interesadas propostas, respectando os criterios previstos no parágrafo precedente.

Réxime aplicable ás axudas

A xestión e a concesión destas axudas realizaranse mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Deputación de Pontevedra.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

As entidades sen fins de lucro estarán obrigadas a cumprir o establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, á hora de contratar a realización de obras, adquisición de bens inventariables, así como a normativa sectorial que resulte de aplicación en materia de permisos, licenzas ou calquera outro asunto relacionado co obxecto da subvención con especial atención á Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, salvo da Deputación de Pontevedra, feito que as entidades deberán poñer en coñecemento da institución provincial. Non obstante, o conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo da axuda subvencionada. En caso de superar este límite, deberá comunicarse este feito co obxecto de reducir o importe da subvención.

Entidades beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

• Estar inscritas no RUEPSS da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 254/2011, de 23
de decembro.

• Ser titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais nos ámbitos de inclusión, maiores e/ou discapacidade.

• Ter o seu domicilio social nalgún concello de ata 50.000 habitantes da provincia
de Pontevedra.

• Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de vixencia desta convocatoria.

Presentación de solicitudes e prazo

6.1. As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do procedemento específico dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

6.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na BDNS.

Réxime xurídico

As subvencións rexeranse por estas bases reguladoras. Supletoriamente, aplicarase o disposto na LXS, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, nas Bases de execución do Orzamento vixente da Deputación de Pontevedra e na demais normativa aplicable.

Así mesmo, rexeranse pola Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, pola LPACAP e polas demais normas de dereito administrativo e, no seu defecto, polas de dereito privado.

Outros datos de interese

• As solicitudes poderán conter un ou varios dos gastos subvencionables, conforme á base quinta: mellora da accesibilidade arquitectónica e custos de redacción da memoria do proxecto, mellora na accesibilidade na comunicación e adquisición de axudas técnicas.

• Documentación complementaria: a establecida na base décima.

• Compatibilidade: si, agás con subvencións para a mesma finalidade da Deputación
de Pontevedra.

• Forma de xustificación: mediante a documentación requirida na base décimo cuarta
da convocatoria.

• Forma de pagamento: transferencia.

• Prazo máximo de xustificación: ata o 28 de febreiro de 2025.

Temas:Administración pública, Administración local, Territorio, Urbanismo
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido