Boletín de novas - Suscrición/Baixa
Que é?
O boletín de novas electrónico do Portal Eidolocal ten como obxectivo divulgar, e informar da realidade e da actualidade da administración local galega. Ofrécense novas relacionadas coas entidades locais de Galicia, Xunta, Deputacións provinciais , MAP... que poidan ser de interese para a cidadadanía e para as distintas entidades locais de Galicia. A través do boletín permítese a difusión selectiva de información de interese para as entidades locais de Galicia a través de distintas fontes de información (diarios autonómicos e estatais, páxinas web de concellos e deputacións...) e abarcando unha ampla variedade de temáticas; emprego, formación, urbanismo, servizos sociais, infraestruturas, medioambiente,orzamentos....
Os destinatarios principais do boletín de novas son o persoal das distintas entidades locais, e en xeral todas as persoas interesadas nestas temáticas referentes a actualidade das entidades locais galegas.
O boletín ten unha periodicidade quincenal, distribúese por correo electrónico e está aberto á participación pública. Empregando o correo electrónico para achegar as informacións que considere de interese para o resto dos suscritores: enlaces ou referencias de noticias, eventos...
Cómo funciona?
A través deste servizo de boletín de novas os usuarios poderán darse de alta e como suscritores recibirán os boletíns nos seus correo electrónicos quincenalmente. Para facer efectiva a alta ou baixa no boletín os interesados remitirán os seus correos a través dos formularios operativos nesta opción do portal. Unha vez enviado a conta de correo, o suscritor recibirá unha notificación no seu correo para verificar e confirmar o alta ou baixa no servizo. Subir
Acceso ao servizo (suscrición/baixa)
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a