• Actualidade
  • Eventos
Imaxe A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, organiza a master class “Audiovisual Marketing & International Sales” para profesionais do sector
02/02/2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia organiza unha master class baixo o título Audiovisual Marketing and International Sales.
Imaxe A historia de Taiwan en 40 fotos
02/02/2012

1Con motivo da celebración do Centenario da República de China , a Oficina Económica e cultural de Taipei e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) organizan a exposición fotográfica 100 anos da República de China , un percorrido pola historia de Taiwan ata a actualidade a través de 40 fotografías e 6 documentais.
Imaxe O centro de antigüidades de Sarria celebrará talleres e xornadas
02/02/2012

O centro de referencia de antigüidades e restauración de Sarria organizará talleres e xornadas relacionadas co sector durante todo o ano.
Imaxe Lugo acollerá do día 5 ao 14 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire cinco obras de primeiro nivel na XII Mostra de Teatro Clásico
31/01/2012

As principais compañías galegas e estatais daranse cita nesta edición, que contará con música ao vivo e espectaculares escenografías nalgunhas das representacións. Macbeth, Shakesperare para Ignorantes, La Celestina, O incerto señor don Hamlet e Auto de la Sibila Casandra completan o cartel da edición deste ano.
Imaxe A Consellería de Cultura e Educación e o Consorcio Audiovisual de Galicia impulsan cursos monográficos de inglés audiovisual
26/01/2012

O Consorcio Audiovisual de Galicia, a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa Fundación TIC da Deputación de Lugo, vén convocando monográficos de inglés audiovisual que nos últimos anos teñen lugar nas Escolas Oficiais de Idiomas da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.
1 2 | seguinte