• Actualidade
  • Novas

Filtrar novas por:

Temática
Zonas
FILTRAR
1 / 2 / 3 / 4 / 5 / 6 / 7 / 8 / 9 / 10 / seguinte
Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental
16/05/2013 | Diario oficial de Galicia

A Vicepresidencia ven de facer pública a orde do 13 de maio de 2013 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.
Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua
16/05/2013 | Fondo galego de cooperación e solidaridade

A oitava edición do programa de voluntariado no Sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego busca especialistas en turismo e igualdade. Xa está dispoñible o caderno que recolle as experiencias de 2012.
Axudas para constituír e manter oficinas de fomento cooperativo da rede Eusumo nos concellos galegos
20/05/2013 | Diario oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas, destinadas a concellos e entidade locais, para constituír e manter oficinas de fomento cooperativo que deberán estar integradas na Rede Eusumo. O seu obxectivo debe ser promover e fomentar o cooperativismo, así como a creación e consolidación de emprego no eido da economía social en todo o territorio galego.
Convocatoria de subvención para promoción de actividades culturais do concello de Silleda
20/05/2013 | Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

O concello de Silleda fixo públicas no B.O.P. do pasado xoves 16 de maio, as bases de convocatoria das da convocatoria de subvencións para promoción de actividades culturais
Viveiro estreará oficina virtual de turismo
20/05/2013 | A Voz de Galicia

O servizo funcionará a través de Villas Marineras e inclúe realidade aumentada e audioguía a través de móbil e tablet.

RSS das Novas RSS das Novas


 Suscripción ao Boletín