- Actualidade
- Novas
O galego deberá ser o idioma de contacto inicial na administración autonómica
08/09/2010 | A Voz de Galicia
O Parlamento acordou por unanimidade instar á Xunta a consolidar na administración pública autonómica e organismos dependentes o galego como lingua de referencia e o seu uso no contacto inicial entre o funcionario e o administrado na atención presencial e telefónica.
A Xunta ultima un proxecto de área metropolitana de Vigo máis ambicioso e con máis servizos que o de 2005
08/09/2010 | Xunta de Galicia
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a ultimar o borrador do proxecto de lei de creación da área metropolitana de Vigo, que será máis ambicioso que o que chegou a entrar no Parlamento galego no ano 2005, xa que incluirá máis servizos dos previstos nese proxecto e dos que ten a área metropolitana de Barcelona.
Educación autoriza a máis de 160 colexios a estrear aulas bilingües este curso
08/09/2010 | Faro de Vigo
Máis de 160 centros educativos galegos, tanto de Primaria como de Secundaria, estrean este curso 435 aulas bilingües ás que a Consellería de Educación deu o visto e prace. Segundo a listaxe feita público polo departamento que dirixe Jesús Vázquez son 154 grupos máis que os inaugurados no ano académico 2009-2010, o que se traduce nun aumento do 54%.
O Concello de Ourense dedicou parte do segundo fondo estatal anticrisis a gastos de tipo social
07/09/2010 | A Voz de Galicia
O goberno municipal de Ourense completou o pasado mes de agosto o proceso de adxudicación das obras do Fondo estatal para o emprego e a sustentabilidade local. Trátase do horto educativo en Mariñamansa. O alcalde, Francisco Rodríguez, resaltou onte esta circunstancia, nun momento no que algunhas obras deste mesmo programa están terminadas ou a piques de finalizar.
O Pacto polo Emprego arrincará con 75.000 horas de formación
07/09/2010 | A Voz de Galicia
Unhas 15.000 horas de formación e outras 60.000 de prácticas en empresas serán impartidas no Pacto Provincial polo Emprego que porá en marcha o Inludes, presentado onte polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ante máis de medio centenar de alcaldes, doutros representantes de gobernos locais e funcionarios municipais. Durante o acto, celebrado a última hora da mañá en San Marcos, anunciou que, debido ao interese mostrado, foi ampliado ata final de mes o prazo concedido aos desempregados para inscribirse, que inicialmente remataba o día 15 próximo.
©Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a