Ampliación do prazo de Adhesión en liña ao Convenio para o desenvolvemento da e-administración nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia

03/01/2012 | Dirección Xeral de Administración Local

Considerando que xa se adheriron na súa maior parte todos os concellos e menor número as outras entidades locais, pero que é obxectivo do referido convenio acadar a maior adhesión posible, cara a facilitar a extensión do convenio, estímase necesario realizar unha nova prórroga (31 de marzo de 2012) , e para elo, faise pública unha Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia . A cumprimentación, sinatura e envio á Xunta destes documentos (protocolo e certificado) realízase de xeito dixital (en liña).

Con data 13 de xullo de 2010 a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Secretaría Xeral de Mordernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) asinaron un convenio para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Este convenio favorece un novo modelo de relación entre as administracións públicas e os cidadáns, máis fluídas e frutíferas, baseadas na vocación cooperativa de apoio aos concellos. Esta aposta pola eAdministración enmárcase nunha estratexia que pasa polo uso intensivo das novas tecnoloxías como instrumento de dinamización social e económica.

O convenio de colaboración, con vixencia ata decembro do 2013, ten por obxecto impulsar o proceso de modernización da administración nas EELL de Galicia, para garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos, dando para elo cobertura ás actividades e proxectos precisos para o desenvolvemento da eAdministración na Administración pública.

Os requisitos e pasos para a adhesión ao convenio detállanse nos seguintes puntos:

1. Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade local

2. Cumprimentación e sinatura do protocolo de adhesión por parte do alcalde, presidente segundo corresponda.

3. Cumprimentación e sinatura do certificado de aprobación de adhesión polo órgano competente por parte do secretario e posterior validación-sinatura por parte do alcalde ou presidente da entidade local.

A cumprimentación, sinatura e envío á Xunta destes documentos realízase de xeito dixital (en liña) a través da opción do portal EidoLocal “ Xunta de Galicia – Convenios Xunta de Galicia”, logos habiliatdos na pantalla de inicio da web

Para elo tanto o alcalde como o secretario da entidade deberán contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, emitido pola FNMT – RCM ou DNI-e

O prazo de adhesión ao convenio é ata o 31 de marzo do 2012.

A non adhesión no prazo establecido comportará o cesamento da prestación dos servizos amparados no convenio do Portelo Único. Lembrarlle que este convenio substitúe ao convenio do Portelo Único recollendo os seus servizos e ampliándose cun catálogo de novos servizos de uso opcional.

Ficheiros adxuntos:

Imaxes:

« Voltar