Portal EIDO
Xunta de Galicia

Inicio de contenido

Catálogo de servizos

  

Subir

Que é?

A adhesión ao Convenio de colaboración entre Xunta de Galicia e FEGAMP para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia pon á disposición das entidades locais unha serie de servizos, que se resumen nos seguintes bloques:

  • Portal EidoLocal: www.eidolocal.es é o portal que a Xunta de Galicia pon a disposición das EELL galegas, ofrecendo un espazo de traballo e información para a xestión diaria municipal das EELL. Actúa como aglutinador de información e servizos de interese para as EELL e permite establecer unha canle de relación, permanente e inmediata, entre as entidades locais, a Xunta de Galicia e os propios cidadáns, axilizando os procedementos e difundindo todas aquelas materias que resulten de interese para o eido local, contribuíndo ao impulso das novas tecnoloxías e a adminitración electrónica.
  • Servizos de conectividade e internet: ofrecen a infraestrutura e funcionalidades necesarias para que as EELL estean presentes en internet e poidan relacionarse telematicamente con outras AAPP.
  • Servizos de administración electrónica entre a Xunta e as EELL: permiten a relación telemática das EELL coa Xunta de Galicia
  • Contratación Administrativa: Sistemas de referencia no ámbito da contratación administrativa.
  • Rexistro E/S Xunta: Oficina conveniada de rexistro e atención ao cidadán de Xunta na EELL.
  • Construindo a eAdministración: servizos de infraestrutura para a construcción dos servizos da eAdministración, como son os servizos de identidade dixital.

Subir

Acceso ao catálogo

Todos os servizos recollidos no convenio, asi como as instruccións para poder dipoñer dos mesmos están recollidos no Catálogo de servizos do Convenio de eAdministración. O catálogo mantense en continua actualización, e irase ampliando con servizos que se identifiquen como de valor para as EELL no marco da administración electrónica.

Acceso ao Catálogo de servizos do Convenio de eAdministración

Subir

EidoLocal
Sede electrónica - Xunta de Galicia Ir a Axencia para a Modernización Tecnolóxica Dirección Xeral Administración Local Escola Galega de Administración Pública Federación Galega de Municipios e Provincias Fondo Europeo de Desarrollo Regional