Servizos de conectividade
- Que é?
- Rede corporativa da Xunta de Galicia
- Rede SARA
- Correo electrónico
- Acceso a internet
- Rexistro nomes de dominio
Que é?
Son servizos que permiten ás EELL acceder a internet e dispoñer de servizos básicos dispoñibles de eAdministración e poidan relacionarse telemáticamente con outras AAPP, mediante a infraestrutura e funcionalidades que á Xunta de Galicia pon a súa disposición.
Rede corporativa da Xunta de Galicia
Esta rede permite a interconexión segura das AAPP galegas e destas coa Rede de Comunicacións das Administracións Públicas españolas. A través desta rede, a Xunta de Galicia presta moitos dos servizos de administración electrónica que pon a disposición das EELL.
Rede SARA
A Rede SARA é un conxunto de infraestruturas tecnolóxicas que permiten e garanten as comunicacións entre as distintas administracións e que serve de plataforma de intercambio de aplicacións. Este servizo permite a conexión das extranets administrativas.
O listado actualizado dos servizos dispoñibles figura na páxina web do "Centro de Transferencia de Tecnoloxía". Nesta páxina disponse de toda a información e documentación necesaria para solicitar a utilización de cada un dos servizos á Administración Central previa solicitude á Xunta de Galicia.
Correo electrónico
Os usuarios de EidoLocal das EELL adheridas ao Convenio de eAdministración poderán dispoñer do servizo de conta de correo electrónico se así o desexan, cunha finalidade exclusivamente profesional.
Acceso aos formularios e manuais
Acceso a internet
Cada entidade local pode solicitar unha liña para acceder a internet a través da Rede Corporativa da Xunta de Galicia de xeito que poidan facer uso dos servizos telemáticos dispoñibles no Convenio.
Rexistro nomes de dominio
Este servizo permite ás entidades locais dispoñer de nomes de dominio se así o solicitan. A Xunta de Galicia proporciona o nome de dominio e encárgase da xestión administrativa e técnica do mesmo, sempre que estea integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a