Servizos de eAdministración EELL-Xunta
- Que é?
- Envíos DXAL
- Publicacións no eDOG
- Hablitación estatal
- Solicitudes telemáticas de procedementos
- Rexistro xeral de contratistas
- Plataforma de contratos de Galicia
Que é?
Son servizos que as EELL teñen a súa disposición en eidoLocal e que permiten a relación telemática das EELL coa Xunta de Galicia.
Envíos DXAL
O servizo de envíos a DXAL de EidoLocal é a canle de remisión telemática que permite cumprir coa Orde do 15 de setembro de 2010 que regula a remisión obrigatoria de determinada documentación das entidades locais galegas á Xunta de Galicia e suprime o formato papel nas mesmas.
Publicacións no eDOG
O servizo de publicacións no DOG permite ás EELL a elaboración e envío de anuncios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en formato electrónico. Este sistema garante a autenticidade, integridade e inalterabilidade da versión electrónica do DOG.
Habilitación estatal
EidoLocal pon a disposición das EELL unha funcionalidade mediante o cal as EELL poden xestionar de forma telemática 9 procedementos do sistema de provisión de postos de habilitación estatal.
Solicitudes telemáticas de procedementos
Este servizo permite ás entidades locais o inicio de expedientes de procedementos administrativos desde o portal EidoLocal, de xeito que poidan realizar a presentación da solicitude por internet e a posterior consulta do expediente xerado.
Rexistro xeral de contratistas
Desde o portal EidoLocal permítese ás EELL a busca filtrada dunha empresa no Rexistro Xeral de Contratistas, expedir a certificación de inscrición das empresas inscritas no rexistro e consultar os datos das mesmas.
Plataforma de contratos de Galicia
A Xunta de Galicia pon a disposición das entidades locais a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, un servizo que permite, a través de internet: manter os datos do seu perfil como contratante, publicar e xestionar os seus procedementos de contratación na Plataforma e recibir avisos sobre os novos concursos que se publican na Plataforma a través de correo electrónico. As EELL, desde EidoLocal, poderán solicitar o acceso á mesma de xeito que poidan realizar o mantemento e xestión dos contratos da entidade local.
Acceso ás solicitudes e manuais
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a