Portal EIDO
Xunta de Galicia

Inicio de contenido

Outros servizos do catálogo


 

Subir

Que é?

Ademáis dos servizos descritos nos puntos anteriores, a adhesión ao Convenio de eAdministación pon a disposición das EELL adheridas información e outros servizos de interese para as EELL. 

Subir

Guía local

Permite que cada concello galego poida publicar os seus datos característicos de xeito que estean a disposición de calquera cidadán que queira consultalos. 

Acceso ao servizo 

Subir

Emprego local

Novo servizo que proporciona un catálogo de ofertas de emprego das entidades locais, permitindo facer buscas avanzadas para a descarga e consulta da información asociada.

Acceso ao servizo 

Subir

 

Convenio Marco 060

No ano 2006 a "Administración General del Estado" puxo en marcha a Rede 060, unha iniciativa que establece un novo modelo de servizo público, no que os cidadáns poden realizar xestións ou recibir información de calquera das tres administracións involucradas no proxecto (Central, Autonómica e Local) de tres xeitos diferentes: en oficinas, a través da internet ou por teléfono.

O 17 de abril de 2007, a "AGE" formalizou un Convenio Marco coa Comunidade Autónoma de Galicia (publicado no BOE de 5 de xullo de 2007 e no DOG o 6 de xullo de 2007), para a implantación dunha Rede de Oficinas Integradas de Atención ao Cidadán (Oficinas 060) no ámbito territorial de Galicia, sustituíndo este convenio ao Convenio Marco da Ventanilla Única asinado o 21 de xuño de 1997 (DOG de 16 de febreiro de 1998). As oficinas integradas se clasificarán en función do nivel de servizo que presten:

Segundo establece a cláusula duodécima deste novo convenio, as entidades locais que o desexen poden adherirse ao mesmo, co obxecto de que os cidadáns poidan presentar nos seus Rexistros solicitudes, escritos e comunicacións que dirixan á "Administración General del Estado" e á súa Comunidade Autónoma.

  • Oficinas de Contacto (nivel 1): con prestación de servizos de recepción, rexistro e remisión de documentos á Administración Pública (mesmos niveis de servizo que no anterior convenio Marco de Ventanilla Única actualmente expirado).
  • Oficinas de Información (nivel 2): ademáis dos anteriores, desenvolven servizos de atención e orientación sobre servizos públicos.
  • Oficinas de Xestión Integral (nivel 3): ademáis dos anteriores, asumen un nivel avanzado con prestación de servizos integrais de xestión e tramitación.

Inicialmente as entidades locais prestarán un nivel de servizo de Oficinas de contacto (nivel 1), e nunha segunda fase, sempre á vontade da entidade local, poderase determinar a adscrición a outros niveis de xestión de servizos.

As entidades locais interesadas en adherirse a este convenio poderán solicitalo por escrito á Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (AMTEGA), Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15707- Santiago de Compostela,  A Coruña. presentando cumprimentada e asinada a seguinte documentación:

  • Protocolo de adhesión (por triplicado orixinal) que será asinado polos representantes das tres Administracións.
  • Certificación do acordo do pleno da entidade local pola que se adopta a decisión de solicitar a adhesión ao Convenio Marco.
  • Cuestionario sobre a información necesaria para comprobar que a entidade local dispón dos medios e capacidade de xestión para asumir as obrigas derivadas do convenio.

Unha vez realizada a solicitude a comisión de seguemento avaliará a mesma no prazo de 15 días e, unha vez aceptada, A Xunta de Galicia proceda á publicación da súa adhesión no Diario Oficial de Galicia.

As entidades locais que se adhiran comprometeranse a:

  • Configurar os seus rexistros como oficinas de contacto, admitindo a presentación nas mesmas de calquera solicitude, escrito ou comunicación dirixidos aos órganos da Administración Xeral do Estado e da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquelas, con independencia da súa localización territorial.
  • Deixar constancia nos seus rexistros da entrada das devanditas solicitudes, escritos e comunicacións, con indicación nos seus asentos do seu número, epígrafe expresivo da súa natureza, data de entrada e hora da súa presentación, interesado u órgano administrativo remitente, persona u órgano administrativo ao que se dirixe, así como una referencia ao contido do escrito ou comunicación que se rexistra.
  • Remitir inmediatamente os documentos, unha vez rexistrados e en todo caso, dentro dos tres días seguintes ao da súa recepción, directamente aos órganos ou entidades destinatarios destes. A devandita remisión efectuarase polos medios máis apropiados para que a súa recepción se produza coa maior brevidade posible, con especial utilización de medios informáticos, electrónicos e telemáticos nos supostos en que sexa posible.

Disponse de máis información ao respecto en:

Ante calquera dúbida ou problema que se suscite poderá dirixirse a:

  • Xunta de Galicia.  Información CAU: Teléfono: 981545288. Email: info.eido@eidolocal.es. Fax: 981 545 452
  • Administración General del Estado. Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Dirección General de Organización Administrativa y Procedimientos. C/ Mª Molina, 50. 3ª Planta 28006 Madrid. Email: ventanilla.unica@mpt.es. Telf.: 91 2732269/3039. Fax.: 91 2732297. 

Lista de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia adheridas ao Convenio Marco do 060-Oficinas integradas 060. 

Subir

Convenio Junta de Andalucía

A Xunta de Galicia, na súa aposta por acercar os medios da administración electrónica á cidadanía, formalizou o 12 de xuño de 2008, un Convenio en materia de administración electrónica coa Junta de Andalucía. 

O obxectivo deste convenio é o desenvolvemento e o impulso da administración electrónica comprometéndose ambas Comunidades Autónomas a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a cederse mutuamente de forma indefinida o software das plataformas de administración electrónica das cales teñan os dereitos de cesión e que a súa vez sexan solicitados pola parte interesada en ditos desenvolvementos. 

Acceso ao Convenio da Junta de Andalucía

Solicitude de adhesión

Para solicitar a adhesión ao Convenio Junta de Andalucía é necesario cumprimentar e asinar a seguinte documentación:

  • Protocolo de adhesión (por triplicado orixinal) que será asinado polos representantes das tres Administracións.
  • Certificación do acordo do pleno da entidade local pola que se adopta a decisión de solicitar a adhesión ao Convenio Marco

Maís información

Para máis información pode dirixirse á Xunta de GaliciaInformación CAU: Teléfono: 981545288. Email: info.eido@eidolocal.es. Fax: 981 545 452

Subir

EidoLocal
Sede electrónica - Xunta de Galicia Ir a Axencia para a Modernización Tecnolóxica Dirección Xeral Administración Local Escola Galega de Administración Pública Federación Galega de Municipios e Provincias Fondo Europeo de Desarrollo Regional