Plan eConcellos
Que é?
O Plan eConcellos nace como vehículo para a consecución dos obxectivos de modernización das Administracións Locais galegas. Actualmente existen diversas iniciativas de administración electrónica nas Entidades Locais galegas, pero é fundamental a coordinación entre as entidades locais e autonómica para:
![]() |
|
O Plan eConcellos debe sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da administración electrónica nas Administración Locais galegas no marco da lei 11/2007, do 22 de Xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos e está orientado a todos os participantes da Administración local de Galicia (Deputacións Provinciais, Cidades, Concellos, Mancomunidades e outras entidades locais) e en especial a aqueles grupos nos que se detecta unha maior dificultade e menor desenvolvemento da eAdministración.
Para impulsar o desenvolvemento coordinado no eido da eAdministración en Galicia, asínase en Setembro de 2009 o ‘ Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia´ co fin de establecer un marco de colaboración permanente que permita a coordinación das actuacións que se van a realizar na Comunidade Autónoma para a implantación dos servizos de eAdministración.
Acceso ao resumo do Plan eConcellos
|
Para coñecer o alcance das actuacións que se levan a cabo no Plan eConcellos, o marco legal e extratéxico no que se desenvolve e os principais beneficios derivados do desenvolvemnto do plan, pode consultar o seguinte documento resumo. Acceso ao resumo do Plan eConcellos. |
|
![]() |
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a

