Centro de Atención a Usuarios
Que é?
O Centro de Atención de Usuario (CAU) da Xunta de Galicia realiza o soporte técnico de aplicacións e ferramentas de administración electrónica dispoñibles en EidoLocal e recepciona solicitudes cumprimentadas polas EELL para o acceso aos servizos de EidoLocal, así como queixas e suxestións
Mediante o CAU, os usuarios poderán:
- Realizar consultas e tramitar incidencias
-
- Facer seguimento do estado da incidencia, mediante o número de incidencia
-
- Realizar consultas de IP, de xeito que os usuarios da Rede da Xunta poden saber o enderezo IP do seu ordenador dentro da rede privada de datos da Xunta de Galicia.
-
- Estas opcións poden realizarse, ben por correo electrónico, fax ou teléfono ou ben de xeito telemático mediante o formulario dispoñible na intranet da Xunta de Galicia para cumprimentar coa consulta, queixa ou suxestión a realizar ao CAU.
Información de contacto
Soporte técnico e envío de documentación:
Os formularios, unha vez cumprimentados e asinados, deberán ser enviados ao CAU (Centro de Atención ao Usuario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), ben por correo ordinario, por fax ou por correo electrónico. Para calquera dúbida ao respecto está dispoñible o teléfono de atención.

Ademais está dispoñible para a resolución de cuestións como:
-
Atención e resolución das incidencias dos usuarios do portal Eidolocal.
-
Soporte técnico para o acceso á internet e ao correo electrónico das entidades locais
-
Soporte a dúbidas e incidencias en materia de informática (conexión á rede da Xunta, redes locais, hardware, software, etc.).
-
Soporte en materia de sinatura electrónica.
-
Asesoramento en seguridade informática
-
Soporte ás actuais aplicacións informáticas da Xunta instaladas nos concellos independentemente da consellería á que pertenza a aplicación.
©Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a