Habilitación Estatal
Que é?
A Constitución Española define un marco competencial no que se atribúe á normativa estatal o deseño básico da Administración Local, correspondéndolle ás Comunidades Autónomas, sen prexuízo da normativa de desenvolvemento que se poida aprobar dende o ámbito estatal, a regulación dos diferentes sectores da acción publica, de xeito que se garanta o dereito dos entes locais a intervir nos asuntos que afecten directamente ao seu circulo de intereses asegurando, en todo momento, a efectividade da autonomía local constitucionalmente salvagardada.
Neste marco, a lei 7/85, de 2 de abril, de bases de réxime local e a propia lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, configuraban como funcións publicas necesarias en todas as corporacións locais, as reservadas a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal. Na mesma liña, a Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Publico, toma como punto de partida garantir dita prestación, e aínda que derroga os artigos que ao respecto se dedicaban a este persoal nos dous textos mencionados, permite transitoriamente a aplicación da normativa reguladora daquel en tanto non sexa aprobada pola comunidade autónoma a normativa de desenvolvemento prevista na disposición adicional 2ª do EBEP.
Cabe lembrar que a normativa especifica que atinxe a estes/as funcionarios/as concentrábase, ademais de na xa citada, no Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se aproba o réxime xurídico deste persoal, no Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo, relativo á provisión de postos reservados, coas modificacións operadas polo Real Decreto 834/2003, do 27 de xuño, e posteriormente polo RD. 522/2005, do 13 de maio, así como, no que se refire á Administración Autonómica Galega, nos artigos 238 e seguintes da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia e no artigo 15 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Publica de Galicia.
Concretamente, o artigo 241 da Lei 5/97 atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado, sobre clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións e permutas, dentro do seu ámbito territorial. Conforme coa normativa estatal indicada veñen exercéndose ademais as competencias seguintes:
- Constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento en común de certos postos.
- Declaración de exencións no exercizo das funcións reservadas.
- Autorizacións para o desempeño excepcional de Tesourerías.
- Determinación e valoración dos méritos autonómicos.
- Publicación das bases dos postos a cubrir no concurso ordinario anual, e remisión ao Ministerio.
- Participación no tribunal de valoración do concurso unitario anual.
- Publicación dos postos a prover por libre designación e remisión ao Ministerio para a súa publicación.
- Seguimento do nomeamento de funcionariado interino para estes postos.
A disposición adicional 2ª da Lei 7/2007, do 12 de abril, amplía significativamente o alcance do ámbito competencial a exercer polas comunidades Autónomas na xestión deste persoal:
- aprobación da oferta de emprego publico de prazas desta escala de funcionarios.
- Convocatoria das probas e selección dos novos funcionarios con habilitación estatal para a cobertura de postos.
- Integración do rexistro autonómico de datos de postos e funcionarios co rexistro estatal.
- regulación das bases comúns do concurso ordinario e porcentaxe de puntuación para cada un dos méritos. Publicación da convocatoria, e remisión ao ministerio competente.
- regulación e aplicación do réxime disciplinario destes funcionarios.
Os cambios lexislativos que se teñen producido nesta materia, unida á crecente transcendencia dos cometidos a desempeñar por estes/as funcionarios/as nunhas entidades locais con estructuras cada vez mais complexas e cun meirande número de servizos, fan aconsellable desenvolver normativamente dende a esfera autonómica, todas estas competencias.
Por outra banda, a experiencia acumulada amosa a conveniencia de concretar diversos aspectos referentes as competencias transferidas, facilitando que en todas as entidades locais sexan exercidas as funciones públicas necesarias reservadas aos citados funcionarios, contribuíndo con elo a unha mellora dos servizos prestados polas mesmas.
Neste senso, elaborouse pola Dirección Xeral de Administración Local un texto para o desenvolvemento das competencias autonómicas previstas na Disposición Adicional 2ª do Estatuto Básico do Empregado Público, que se atopa pendente da súa aprobación.
En tanto, considerouse dende este centro directivo a necesidade de recoller de seguido a normativa aplicable polo de agora, así como resposta as cuestións máis frecuentes formuladas respecto dos postos reservados.
1. NORMATIVA APLICABLE:
Normativa Estatal:
Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público .
Real Decreto 1174/87, de 18 de septiembre, por el que se aprueba el Régimen Jurídico de los Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
Real Decreto 1732/1994, de 29 de julio, sobre provisión de puestos de trabajo reservados a Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional .
Orden de 10 de agosto de 1994 por la que se dictan Normas sobre concursos de provisión de puestos reservados a funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter nacional .
Normativa Autonómica:
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. (DOG nº 149, do 5 de agosto de 1997) Capítulo IV. Sección 2ª Dos funcionarios con habilitación de carácter nacional (Arts.238-241)
Decreto 136/1997, do 5 de xuño, sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional. (DOG nº 114, do 16 de xuño de 1997)
Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 99, do 23 de maio de 2008)
2. CREACIÓN, CLASIFICACIÓN E RECLASIFICACIÓN DE POSTOS:
Solicitude do Presidente da entidade dirixida a este centro directivo a tal fin.
Memoria económica e xurídica xustificativa da creación do posto e proposta de clasificación.
Certificado expedido pola secretaría do acordo polo que se modifica a relación de postos de traballo ou cadro de persoal desa entidade acorde co solicitado.
Certificado de secretaría de exposición ao público da citada modificación e do resultado da mesma.
Certificado de secretaría de aprobación definitiva da relación de postos de traballo ou cadro de persoal.
Certificado dos recursos de que dispón a entidade local segundo o derradeiro orzamento aprobado.
Certificado da cifra de poboación conforme aos datos do último padrón municipal de habitantes.
Órgano local competente para a aprobación da R.P.T : Pleno (Concellos réxime común) / X.G.L (Grandes concellos).
3. EXENCIÓN DE POSTOS DE MANCOMUNIDADES/CONSORCIOS:
Memoria económica e xurídica xustificativa dos motivos nos que se fundamenta a solicitude de exención de acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 49/2009.
A certificación acreditativa do montante do orzamento da mancomunidade.
Informe da Deputación Provincial correspondente, segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 49/2009.
NOTA: Aconséllase a posta en contacto, con carácter previo, coa Dirección Xeral de Administración Local para a tramitación deste procedemento.
4. DIRECCIÓNS E TELÉFONOS:
Para aquelas consultas non resultas nesta páxina web, ou incidencias especiais poderán dirixirse a: Dirección Xeral de Administración Local:
Praza Europa, 5A-4º. Fontiñas - 15707 Santiago
Fax: 981-546569
Subdirección Xeral réxime xurídico local-o Tlf: 981-540096 /97
Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE.
o Tlf: 981-546208
o Tlf: 981 547464 Solicitude de certificados.
Ministerio de Administracións Públicas:
Dirección General de Cooperación Local
Plaza de España, 17 - 28071 Madrid
o Tlfno: 91 273 90 00
Subdirección General de Estudios y Sistemas de Información Local
o Tlfno: 91 273 37 58
o Fax: 912 733566
Colexios SITAL de Galicia:
i. A Coruña:
Dirección: Colegio Sital A Coruña. C/ Cantón Grande, 6, 10-A. C.P:15003
Tlf: 981 221220
Fax: 981222503
Correo electrónico: luisa.saleta@cositalcoruna.org
ii. Lugo:
Dirección: Colegio Sital Lugo. C/ Orense, 59, Entresuelo C.P:27004
Tlf: 982 535000 (J.A Carro Asorey) y 982 390062 (J.A. Balseiro)
Correo electrónico: cosital.lugo@yahoo.es
iii. Ourense:
Correo electrónico: j.m.banos@depourense.es
iv. Pontevedra:
Correo electrónico:coalpont@terra.es
5.PROVISIÓN DE POSTOS:
• Concurso unitario :
INSTRUCIÓNS CONCURSO UNITARIO 2009/2010
• Concurso ordinario :
INSTRUCIÓNS CONCURSO ORDINARIO 2010.
• Libre Designación:
-Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en municipios de gran poboación (Lei 4/2004, do 28 de xuño) e polos Presidentes nas Deputacións Provinciais.
-Remisión das bases aprobadas á Dirección Xeral de Administración Local cara a súa publicación.
-Publicación das bases no DOG
-Presentación de solicitudes na entidade local no prazo de 15 días naturais dende a publicación no D.O.G.
-Resolución motivada ditada pola Xunta de Goberno Local en municipios de gran poboación ou polo Presidente das Deputacións Provinciais.
-Remisión da resolución á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no D.O.G.
-Os prazos posesorios comezarán a computarse dende o día seguinte á publicación da resolución no D.O.G.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
• Posesións e ceses:
Instrucións:
O cese deberá efectuarse dentro do prazo de 3 días contando dende o seguinte a publicación da adxudicación.
A posesión dentro do prazo dun mes a partir do día seguinte ao que ten lugar o cese ou 3 días no suposto de que se trate dun posto na mesma localidade.
No suposto de decidirse a prórroga , esta debe ser asinada no prazo de 3 días dende o seguinte á publicación da adxudicación do posto.
En todo caso, a posesión prorrogada deberá acontecer inevitablemente dentro dos 3 meses.
1- ACTA DE CESE (FHE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA)
6. RELACIÓN ACTUALIZADA DE POSTOS PARA A SÚA COBERTURA.
ACCESO AO LISTADO ACTUALIZADO A 23 DE NOVEMBRO DE 2012
7. PROCESO SELECTIVO PARA A INTEGRACIÓN DOS FUNCIONARIOS PERTENCENTES Á SUBESCALA DE SECRETARÍA-INTERVENCIÓN DA ESCALA DE FUNCIONARIOS/AS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER ESTATAL.
8.PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO Á CATEGORÍA SUPERIOR DA SUBESCALA DE SECRETARÍA DA ESCALA DE FUNCIONARIOS/AS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER ESTATAL
Os que desexen formar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante o modelo de solicitude formalizado que está a vosa disposición:
6_ CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR
9 _Folla de chamamento: 18 ao 20 de xullo
10_ Folla de chamamento: 26 ao 28 de xullo
11_ CUALIFICACIÓNS
12_ Exame de galego
Os que desexen formar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante o modelo de solicitude formalizado que está a vosa disposición:
6_ CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR
10_ a) FOLLA DE CHAMAMENTO para o proceso de selectivo de Intervención-Tesourería Superior 12 de xullo
b) FOLLA DE CHAMAMENTO para o proceso de selectivo de Intervención-Tesourería Superior 13 de xullo
c) FOLLA DE CHAMAMENTO para o proceso de selectivo de Intervención-Tesourería Superior 14 de xullo.
11_ CUALIFICACIÓNS
12_ Exame de galego
13_ CUALIFICACIÓNS
19_RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local,pola que se nomean funcionarios de carreira, categoría superior da subescala de Intervención-Tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á citada categoría e subescala convocada mediante a Resolución do 6 de agosto de 2010.
10. CONCURSO UNITARIO DE PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS A FUNCIONARIOS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER ESTATAL 2011/2012
• Relación individualizada de méritos autonómicos:
Adxudicación provisional de prazas
1-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Intervención-Tesourería / Superior.
2-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Secretaría-Intervención / [s/c].
3-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Secretaría terceira non integrados / [s/.
4-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Intervención-Tesourería / Entrada.
5-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Secretaría / Entrada.
6-Relación Individualizada de Méritos Autonómicos Subescala / Categoría: Secretaría / Superior.
12.CONCURSO ORDINARIO DE MÉRITOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS A FUNCIONARIOS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER ESTATAL.
Con base en todo isto, nesta opción ofrécese información sobre os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, incluíndo unha referencia á normativa aplicable, unha lista dos postos existentes e un buscador para estes.
- Listaxe de postos
- Buscador de postos
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a