Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Habilitación Estatal
Que é?
A Constitución Española define un marco competencial no que se atribúe á
normativa estatal o deseño básico da Administración Local, correspondéndolle ás Comunidades
Autónomas, sen prexuízo da normativa de desenvolvemento que se poida aprobar dende o ámbito
estatal, a regulación dos diferentes sectores da acción publica, de xeito que se garanta o dereito
dos entes locais a intervir nos asuntos que afecten directamente ao seu circulo de intereses
asegurando, en todo momento, a efectividade da autonomía local constitucionalmente salvagardada.
Neste marco, a lei 7/85, de 2 de abril, de bases de réxime local e a propia lei 5/97, de 22
de xullo, de Administración local de Galicia, configuraban como funcións publicas necesarias en
todas as corporacións locais, as reservadas a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.
Na mesma liña, a Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado
Publico, toma como punto de partida garantir dita prestación, e aínda que derroga os artigos que ao
respecto se dedicaban a este persoal nos dous textos mencionados, permite transitoriamente a
aplicación da normativa reguladora daquel en tanto non sexa aprobada pola comunidade autónoma a
normativa de desenvolvemento prevista na disposición adicional 2ª do EBEP.
Cabe lembrar que a normativa especifica que atinxe a estes/as funcionarios/as concentrábase,
ademais de na xa citada, no Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se aproba o réxime
xurídico deste persoal, no Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo, relativo á provisión de postos
reservados, coas modificacións operadas polo Real Decreto 834/2003, do 27 de xuño, e posteriormente
polo RD. 522/2005, do 13 de maio, así como, no que se refire á Administración Autonómica Galega,
nos artigos 238 e seguintes da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia e no artigo 15 do
Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función
Publica de Galicia.
Concretamente, o artigo 241 da Lei 5/97 atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de
Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado, sobre
clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións e permutas,
dentro do seu ámbito territorial. Conforme coa normativa estatal indicada veñen exercéndose ademais
as competencias seguintes:
- Constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento en común de
certos postos.
- Declaración de exencións no exercizo das funcións reservadas.
- Autorizacións para o desempeño excepcional de Tesourerías.
- Determinación e valoración dos méritos autonómicos.
- Publicación das bases dos postos a cubrir no concurso ordinario anual, e remisión ao
Ministerio.
- Participación no tribunal de valoración do concurso unitario anual.
- Publicación dos postos a prover por libre designación e remisión ao Ministerio para a súa
publicación.
- Seguimento do nomeamento de funcionariado interino para estes postos.
A disposición adicional 2ª da Lei 7/2007, do 12 de abril, amplía significativamente o alcance
do ámbito competencial a exercer polas comunidades Autónomas na xestión deste persoal:
- aprobación da oferta de emprego publico de prazas desta escala de funcionarios.
- Convocatoria das probas e selección dos novos funcionarios con habilitación estatal para a
cobertura de postos.
- Integración do rexistro autonómico de datos de postos e funcionarios co rexistro estatal.
- regulación das bases comúns do concurso ordinario e porcentaxe de puntuación para cada un
dos méritos. Publicación da convocatoria, e remisión ao ministerio competente.
- regulación e aplicación do réxime disciplinario destes funcionarios.
Os cambios lexislativos que se teñen producido nesta materia, unida á crecente transcendencia
dos cometidos a desempeñar por estes/as funcionarios/as nunhas entidades locais con estructuras
cada vez mais complexas e cun meirande número de servizos, fan aconsellable desenvolver
normativamente dende a esfera autonómica, todas estas competencias.
Por outra banda, a experiencia acumulada amosa a conveniencia de concretar diversos aspectos
referentes as competencias transferidas, facilitando que en todas as entidades locais sexan
exercidas as funciones públicas necesarias reservadas aos citados funcionarios, contribuíndo con
elo a unha mellora dos servizos prestados polas mesmas.
Neste senso, elaborouse pola Dirección Xeral de Administración Local un texto para o
desenvolvemento das competencias autonómicas previstas na Disposición Adicional 2ª do Estatuto
Básico do Empregado Público, que se atopa pendente da súa aprobación.
En tanto, considerouse dende este centro directivo a necesidade de recoller de seguido a
normativa aplicable polo de agora, así como resposta as cuestións máis frecuentes formuladas
respecto dos postos reservados.
1. NORMATIVA APLICABLE:
Normativa Estatal:
Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto
Básico del Empleado Público.
Real Decreto 1174/87, de 18 de
septiembre, por el que se aprueba el Régimen Jurídico de los Funcionarios de Administración Local
con habilitación de carácter nacional.
Real Decreto 1732/1994, de 29
de julio, sobre provisión de puestos de trabajo reservados a Funcionarios de Administración Local
con habilitación de carácter nacional.
Orden de 10 de agosto de 1994
por la que se dictan Normas sobre concursos de provisión de puestos reservados a funcionarios de
Administración Local con Habilitación de carácter nacional.
Normativa Autonómica:
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de
Administración local de Galicia. (DOG nº 149, do 5 de agosto de 1997) Capítulo IV. Sección 2ª
Dos funcionarios con habilitación de carácter nacional (Arts.238-241)
Decreto 136/1997, do 5 de xuño,
sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos
para a provisión de prazas reservadas a funcionarios de Administración local con habilitación de
carácter nacional. (DOG nº 114, do 16 de xuño de 1997)
Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo
que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo
reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da
Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 99, do 23 de maio de 2008)
2. CREACIÓN, CLASIFICACIÓN E RECLASIFICACIÓN DE POSTOS:
Solicitude do Presidente da entidade dirixida a este
centro directivo a tal fin.
Memoria económica e xurídica xustificativa da creación do posto e proposta de
clasificación.
Certificado expedido pola secretaría do acordo polo que se modifica a relación de postos
de traballo ou cadro de persoal desa entidade acorde co solicitado.
Certificado de secretaría de exposición ao público da citada modificación e do resultado
da mesma.
Certificado de secretaría de aprobación definitiva da relación de postos de traballo ou
cadro de persoal.
Certificado dos recursos de que dispón a entidade local segundo o derradeiro orzamento
aprobado.
Certificado da cifra de poboación conforme aos datos do último padrón municipal de
habitantes.
Órgano local competente para a aprobación da R.P.T
: Pleno (Concellos réxime común) / X.G.L (Grandes concellos).
3. EXENCIÓN DE POSTOS DE MANCOMUNIDADES/CONSORCIOS:
Memoria económica e xurídica xustificativa dos motivos nos que se fundamenta a solicitude de exención de acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 49/2009.
A certificación acreditativa do montante do orzamento da mancomunidade.
Informe da Deputación Provincial correspondente, segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 49/2009.
NOTA: Aconséllase a posta en contacto, con carácter previo,
4. BUSCADOR DE POSTOS RESERVADOS
http://www.eidolocal.es/portal/serv_xunta/habilitacion.jsp
5. PROVISIÓN DE POSTOS:
• Concurso unitario :
INSTRUCIÓNS CONCURSO ORDINARIO 2009.
•
Libre Designación:
-Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en municipios de gran poboación (Lei 4/2004, do
28 de xuño) e polos Presidentes nas Deputacións Provinciais.
-Remisión das bases aprobadas á Dirección Xeral de Administración Local cara a súa
publicación.
-Publicación das bases no DOG
-Resolución motivada ditada pola Xunta de Goberno Local en municipios de gran poboación ou polo Presidente das Deputacións Provinciais.
-Remisión da resolución á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no D.O.G.
-Os prazos posesorios comezarán a computarse dende o día seguinte á publicación da resolución no D.O.G.
• Posesións e ceses:
Instrucións:
O cese deberá efectuarse dentro do prazo de 3 días contando dende o seguinte a publicación da adxudicación.
A posesión dentro do prazo dun mes a partir do día seguinte ao que ten lugar o cese ou 3 días no suposto de que se trate dun posto na mesma localidade.
No suposto de decidirse a prórroga , esta debe ser asinada no prazo de 3 días dende o seguinte á publicación da adxudicación do posto.
En todo caso, a posesión prorrogada deberá acontecer inevitablemente dentro dos 3 meses.
1- ACTA DE CESE (FHE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA)
Nomeamento Provisional:
Criterios: O nomeamento provisional terá preferencia sobre outras formas de provisión non definitivas, coas excepcións que se indican:
Os nomeamentos provisionais recaerán preferentemente en habilitados/as da subescala e categoría á que este reservado o posto. Cando isto non fora posible, recaerán en habilitados/as da mesma subescala e distinta categoría, e no seu defecto, en habilitados/as de distinta subescala en posesión da titulación esixida para o acceso a aquela. Estas prevalencias rexerán con independencia de quen obtivera o informe favorable para o nomeamento no posto, de estar en expectativa de nomeamento.
De presentarse varias solicitudes de funcionarios/as que pertenzan á mesma subescala e categoría, será nomeado/a o/a que obtivera informe favorable da entidade. De non informarse ningunha delas pola entidade ou de facelo negativamente, ditarase resolución en favor do habilitado/a con maior antigüidade na subescala, e de haber empate, no de maior puntuación no mesmo proceso selectivo.
O nomeamento provisional implicará o cese automático da persoa que veña ocupando o posto por nomeamento accidental, interino ou en réxime de acumulación de funcións.
Supostos de nomeamento: Se distinguirán dous supostos:
a) SITUACIÓN DO FHE EN EXPECTATIVA DE NOMEAMENTO:
De non haber exercido nunca na Comunidade Autónoma Galega, será necesario tamén, unha fotocopia do DNI e do Título universitario debidamente cotexadas. Pode acontecer:
-Que se conte xa co informe favorable do Presidente da entidade. Neste caso debe achegarse:
Solicitude do posto ante a Dirección Xeral de Administración Local
1. Informe favorable do Presidente da Corporación no que se atopa.
2. Informe favorable emitido polo Presidente da Corporación para o que solicita o nomeamento.
4. Oficio de remisión á Dirección Xeral de Administración Local.
Criterios:
A Consellería competente en materia de réxime local poderá conferir comisións de servizos para ocupar postos reservados en entidades locais galegas, cando non fora posible efectuar un nomeamento provisional a favor de funcionario/a da mesma subescala e categoría a que esta reservado o posto.
Terá preferencia a comisión de servizos a favor do funcionario/a con habilitación de carácter estatal da mesma subescala e categoría do posto, no seu defecto, da mesma subescala e distinta categoría, respecto dun nomeamento provisional en favor de habilitado/a de diferente subescala.
A comisión de servizos efectuarase a petición da entidade interesada e coa conformidade do funcionario e da entidade onde preste servizos e/ou destino.
A concesión destas comisións de servizos terá lugar polo prazo dun ano, sendo prorrogable por outro ano mais.
Documentación:
1. Solicitude do Presidente da Corporación interesada dirixida á entidade onde exerce o FHE que se interesa.
3. Conformidade do Funcionario
- Criterios:
De haber existido Comisión de Servizos, a prórroga informada favorablemente terá preferencia sobre o nomeamento provisional “forzoso” dun FHE de distinta subescala e/ou categoría do posto.
Deberá achegarse a documentación á Dirección Xeral de Administración Local con polo menos 10 días hábiles de antelación á data do seu remate para evitar a quebra da mesma. Entendéndose por tal o día anterior ao idéntico á toma de posesión.
- Documentación:
Criterios:
A Consellería competente en materia de réxime local, poderá autorizar acumulacións aos funcionarios/as con habilitación de carácter estatal que ocupen un posto de traballo a eles/elas reservado a desempeñar así mesmo nunha entidade local próxima as funcións reservadas. Esta fórmula de provisión procederá sempre que non fora posible efectuar nomeamento provisional ou comisión de servizos.
A acumulación efectuarase a petición da propia entidade local de acordo co/ca funcionario/a interesado/a e a entidade na que esté destinado.
Poderanse acordar acumulacións para o desempeño das funcións reservadas nos municipios ou Entidades eximidas da obriga de manter dito posto.
A acumulación poderá outorgarse a funcionario/a con habilitación de carácter estatal de diferente subescala ao posto que se pretende acumular sempre que posúa a titulación esixida para o acceso a aquela.
Non se autorizará a acumulación de mais dun posto de traballo reservado.
De ditarse resolución de nomeamento provisional ou comisión de servizos para a cobertura do posto desempeñado en réxime de acumulación, procederase a súa revogación por este centro directivo.
Documentación:
1. Solicitude do Presidente da Corporación co motivo.
2. Informe favorable do Presidente da Corporación onde exerce o futuro acumulado
ACUMULACIÓN CONDICIONADA (XERAL):
5. Oficio de remisión á Dirección Xeral de Administración Local
Criterios: As corporacións locais poderán nomear con carácter accidental a un dos/das seus funcionarios/as suficientemente capacitado en caso de ausencia puntual do titular ou ocupante do posto.
6. OUTROS:
• Certificado de servizos:
- Solicitude do funcionario.
En caso da aprobación do proxecto de decreto regulador do exercizo de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos Funcionarios con Habilitación de carácter Estatal, procederase a posta en marcha deste proceso a finais do ano 2009.
Directrices
a. DOCUMENTACIÓN VÍA FAX: En ningún caso suporá a validez da mesma, sendo obrigatoria a presentación dos orixinais, salvo no suposto da solicitude de certificado de servizos prestados, que bastará a remisión por esta vía.
b. REXISTRO DA DOCUMENTACIÓN: A efectos de axilizar todos os trámites, recoméndaselles a presentación da documentación no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sito en San Caetano, s/n - 15781 Santiago.
c. COMUNICACIÓN: Comprobada a documentación, realizarase a Resolución que será adelantada por FAX ao concello no que se atopa o posto en cuestión, sen perxuizo do envío posterior por correo ordinario tanto as entidades afectadas como ao funcionario e ao Ministerio de Administracións Públicas.
d. TOMA DE POSESIÓN e CESE: Unha vez realizado o nomeamento, será imprescindible a remisión dos orixinais a este centro directivo, coa finalidade de completar o Rexistro de esta Dirección Xeral. Así mesmo, deberá remitirse ao Ministerio de Administracións Públicas.
e. SINATURA DOS INFORMES: Os informes a emitir polas Presidencias das corporacións poderán ter carácter de Decreto/Resolución ou simple informe.
No caso de non vir asinado polo Presidente da Corporación senón, por outro membro da entidade, debera achegarse Decreto ou Resolución do Presidente que o habilitara para a súa substitución.
f. DOCUMENTACIÓN: Os informes dos Presidentes das entidades e a conformidade do FHE interesado deberán ser orixinais, os demais documentos bastará copia cotexada onde sexa lexible claramente o nome do secretario ou funcionario que o acredita, con selo e sinatura. De non ser así, deberá subsanarse para continuar coa tramitación.
g. COBERTURA DE BAIXAS DE FHE: Deberá comunicarse a esta Dirección Xeral, remitindo copia cotexada da mesma, a efectos do seu coñecemento e actuacións posteriores.
h. COBERTURA DE VACACIÓNS, DÍAS PROPIOS E OUTRAS AUSENCIAS( NON BAIXAS): O Presidente da entidade atópase habilitado para o nomeamento dun funcionario da corporación, a poder ser con titulación suficiente, para o desempeño accidental do posto.
i. DOMICILIO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS: Todas as solicitudes remitidas a esta Dirección Xeral deberán incluir unha dirección a efectos de notificacións.
7. DIRECCIÓNS E TELÉFONOS:
Para aquelas consultas non resultas nesta páxina web, ou incidencias especiais poderán dirixirse a:
Dirección Xeral de Administración Local:
Praza Europa, 5A-4º. Fontiñas - 15707 Santiago
Fax: 981-546569
Subdirección Xeral de relacións xurídico-administrativas coas entidades locais e desenvolvemento normativo.
o Tlf: 981-540096 /97
Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE.
o Tlf: 981-546208
o Tlf: 981 547464 Solicitude de certificados.
Ministerio de Administracións Públicas:
Dirección General de Cooperación Local
Plaza de España, 17 - 28071 Madrid
o Tlfno: 91 273 90 00
Subdirección General de Estudios y Sistemas de Información Local
o Tlfno: 91 273 37 58
o Fax: 912 733566
Colexios SITAL de Galicia:
i. A Coruña:
Dirección: Colegio Sital A Coruña. C/ Cantón Grande, 6, 10-A. C.P:15003
Tlf: 981 221220
Fax: 981222503
Correo electrónico: luisa.saleta@cositalcoruna.org
ii. Lugo:
Dirección: Colegio Sital Lugo. C/ Orense, 59, Entresuelo C.P:27004
Tlf: 982 535000 (J.A Carro Asorey) y 982 390062 (J.A. Balseiro)
Correo electrónico: cosital.lugo@yahoo.es
iii. Ourense:
Correo electrónico: j.m.banos@depourense.es
iv. Pontevedra:
Correo electrónico:coalpont@terra.es
Con base en todo isto, nesta opción ofrécese información sobre os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, incluíndo unha referencia á normativa aplicable, unha lista dos postos existentes e un buscador para estes.
- Listaxe de postos
- Buscador de postos


