PROXECTO EUROPEO "COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA NORTE DE PORTUGAL"

Subir

Que é?

         

Proxecto. Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal. (0120_CTGNP_1_P).

 O proxecto está integrado dentro do programa de Cooperación Transfronteriza España Portugal 2007-2013, foi aprobado na reunión do Comité de Xestión de 28 de xaneiro de 2009 da primeira convocatoria, e ten un orzamento de 750.000€, e a contribución comunitaria ao mesmo é de 562.500€.

Beneficiarios:
CCDRN - Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte: 183.333,33 € (FEDER: 137.500,00€)
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea: 4666.666,67€ (FEDER: 350.000,00€)
Dirección Xeral de Administración Local: 100.000,00€ (FEDER: 75.000,00€) 
O novo cadro comunitario para o período comprendido no ano 2007-2013, identifica e prioriza os seguintes espazos da nova Cooperación Transfronteiriza 2007-2013, o Interreg IV indica distintas áreas de cooperación;
A área de cooperación Galicia-Norte de Portugal encadra os seguintes ámbitos estratéxicos:
Cooperación no ámbito mariño
Internacionalización das PYMES da Eurorexión (Promoción da Innovación e da competitividade)
Protección ambiental e desenvolvemento sostible
Fomento da Cooperación e Integración Social e Cultural
Definición: O proxecto consiste no deseño e execución dun programa transfronteirizo de impulso Fomento da Cooperación e Integración Social e Institucional 


 Os obxectivos estratéxicos do proxecto son:

  • 1-Aumentar a atracción da euro-rexión baseada no reforzo da cohesión territorial, económica e social, con accións innovadoras na cooperación transfronteiriza institucional sobre diversos dominios e temáticas
  • 2-Desenvolver servizos comúns na euro-rexión, a través da elaboración de estudos e propostas para a xestión integrada de equipamentos, estruturas e territorios compatibilizando instrumentos de ordenación do territorio
  • 3-Crear Instrumentos de xestión da cooperación de segunda xeración, constituíndo unha AECT Galicia Norte de Portugal, (Agrupación de de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal)
  • 4-Promover o establecemento e consolidación de redes de cooperación intermunicipal nos campos da xestión, ordenamento do territorio, desenvolvemento empresarial e da integración social
  • 5-Identificar modelos innovadores de xestión municipal. Marcados por criterios de eficiencia, racionalización e simplificación de procedementos, visando unha maior eficacia da organización municipal
  • Posibles servizos a xestionar:
  • a)Catalogo de Servizos, culturais, sociais, deportivos etc...
  • b) Actividades susceptibles de ser desenvolvidas a ambos lados da fronteira por parte dos cidadáns e empresas transfronteirizos acometendo investimentos de caracter inmaterial para ofrecer estes servizos, mediante xestión conxunta e utilización  dun carnet usuario común.
  • c)Creación e rehabilitación de oficinas públicas con dotación de medios materiais e humanos (reordenación de efectivos existentes dentro dos concellos)             


  Como funciona?

 Netes servizo terase acceso a  presentacións e a distintas páxinas  web, nas que se desenvolvan  contidos  do citado proxecto, e se citen diversas actuacións que fomentan o deseño e a execución do programa transfronterizo.

Subir

Acceso ao servizo