Proxecto europeo E-QUALITAS

Subir

¿Qué é?

         

Proxecto. Implantación de Instrumentos de Calidade e Novas Teconoloxías na Administración Local: Contidos de Innovación). (E-QUALITAS/SPI.E69/02).

 

O proxecto está integrado dentro do programa Interreg IIIA Galicia-Norte de Portugal, foi aprobado o día 15 de decembro de 2004 e  ten un orzamento de 364.964,12€, que se reparten a partes iguais; pois 184.964,12€ e a cantidade asignada aos socios galegos e 180.000,00€ para os socios portugueses, a contribución comunitaria ao mesmo é de 273.723,09€.

As entidades participantes son pola parte de Galicia:

  •  D.X. de Administración Local.
  •  Mancomunidade de Municipios de Verín.
  •  Mancomunidade de Municipios de O Salnés.
  •  Escola Galega de Administración Pública.

Pola parte de Portugal:

  •  Cámara Municipal de Chaves.
  •  Cámara Municipal de Arcos de Valdeve.
  •  Cámara Municipal de Valença de Minho.
  •  Instituto de Gestao e Administraçao Pública.

Definición: O proxecto consiste no deseño e execución dun programa transfronteirizo de implantación municipal das Cartas de Servizos * como instrumento de Calidade na organización e prestación dos servizos públicos, en definitiva trataríase de fomentar e implantar conxuntamente novos modelos de facer na prestación dos servizos que as entidades locais teñen asumidos, que asuman as pautas de modernización da xestión e funcionamento das Administracións Públicas europeas. O prantexamento do proxecto persegue o incremento e mellora dos niveis de cobertura interrexional en materia tanto de equipamentos como de servizos de apoio ás persoas dun e doutro lado da fronteira, coa idea de garantir unha resposta óptima ás súas necesidades como usuarios da administración.

     

* A carta de servizos é un documento público, elaborado e difundido neste caso polo Concello, Mancomunidade ou Cámara Municipal, onde se reflexa de forma accesible para o cidadán os dereitos, as facilidades que a Administración ten previstas para atendelo, as expectativas razoables que poden ver satisfeitas e os compromisos de calidade que a organización asume como estándar. O obxectivo é informar ao cidadán sobre as condicións nas que se prestan os servizos públicos por parte da Administración, describindo a unidade e facendo públicos os seus compromisos da calidade.

 

¿Cómo funciona?

 Netes servizo terase acceso a  presentacións e a distintas páxinas  web, nas que se desenvolvan  contidos  do citado proxecto, e se citen diversas actuacións que fomentan o deseño e a execución do programa transfronterizo Interreg IIIA.


Subir

Acceso ao servizo