Comunicación de gastos do fondo extraordinario
Que é?
A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das
entidades locais faise efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de
participación específico daquelas nos tributos da comunidade autónoma. Como é sabido, para este ano
2010, a previsión é un descenso da participación dos Concellos na referida participación.
Co obxectivo de paliar os efectos negativos que provocaría nas facendas locais dita
disminución, creouse o Fondo Extraordinario de Apoio aos Concellos. A cantidade que cada concello
recibirá en concepto de participación neste fondo extraordinario será igual á diferenza entre a
cantidade total que lle corresponde como entregas a conta pola súa participación no Fondo de
Cooperación Local do ano 2009 e a que resulte da aplicación do sinalado no artigo 55º da lei
9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo se prevé no artigo 56 desta lei, con carácter exclusivo para o ano 2010 constitúese
un fondo extraordinario
por importe total de 18.309.079 euros que se destinará á realización de
gastos de investimento
e do que serán beneficiarios todos os concellos galegos.
A xestión deste fondo extraordinario corresponderalle á Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, e realizarase pola dirección xeral competente en materia de
administración local. Polo xestor do fondo transferiránselles aos concellos as cantidades que lles
corresponden pola súa participación, mediante catro entregas do mesmo importe que se realizarán no
segundo mes de cada trimestre natural.
Non obstante, se, á vista das súas previsións de ingresos correntes, un concello considerase
necesario dedicar parte ou a totalidade da cantidade que lle correspondese con cargo a este fondo
extraordinario para atender os seus
gastos correntes
poderá facelo, logo da
comunicación desta circunstancia ao centro directivo xestor do fondo, con
anterioridade ao 31 de decembro de 2010.
Para facer efectiva dita comunicación ponse a disposición dos concellos o formulario para o
seu envío á Dirección Xeral de Administración Local.
Como funciona?
Para facer o envío da comunicación do gasto deberá estar dado de alta como usuario do Eidolocal (acceder a área privada do portal), dispoñer do permiso "Envíos DXAL" (permiso de acceso á opción da parte privada "Xunta de Galicia-Xestión, Envíos DXAL") e ter cargado no navegador o seu Certificado Dixital Clase 2 CA da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda . Na opción de "Envíos DXAL" seleccionando o tipo de envio "Fondo extraordinario" accédese a un formulario onde se deberán cumprir a cantidade a dedicar a gasto corrente.
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a