Subvencións e axudas da Dirección Xeral de Administración Local

Subir

Que é?

A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle se atribúen á Comunidade Autónoma galega no tocante ao fomento de liñas de colaboración coas entidades locais galegas, no referente á convocatoria e á execución de liñas de subvención destinadas a elas. Consecuentemente, encargarase da proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais no ámbito propio das competencias que lle correspondan á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, incluíndo a coordinación das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións, axudas que se destinan ás entidades locais galegas, facendo un seguimento da súa xustificación.

As liñas de axuda tramitadas son as seguintes:

CRITERIOS DE REPARTO DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL.(CONVOCATORIA 2013)

ORDE do 13 de maio de 2013 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.Obxecto e beneficiarios. 

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Por medio desta orde establécense os criterios de repartición e regúlanse as bases e a convocatoria das subvencións para o ano 2013 do Fondo de Compensación Ambiental, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Liñas de subvención, beneficiarios individuais e de xestión compartida e exclusións

1. Esta orde reguladora da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental inclúe, segundo o principio de economía procedemental, dúas liñas de subvención coa mesma causa e finalidade, isto é, o cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental:

a. Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva, destinada a aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V-A e no anexo V-B desta orde, que formulen:

a) Petición de maneira individual.

b) Petición de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos nos termos do artigo 9.

b. Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

c) As mancomunidades de concellos de Galicia.

d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a. Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

b. Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c. Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

d. Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:

a. Os contratos de subministracións para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

b. Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

c. Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

d. Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a. Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b. Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c. Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.

c) Vehículos eléctricos.

d) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.

e) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.

f) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.

g) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.

h) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.

i) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental, en particular aquelas actuacións destinadas á prevención de incendios forestais.

j) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

k) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

l) Vehículos de policía local ou protección civil con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental, tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras. En todo caso, estes vehículos deberán cumprir a normativa existente en materia de policía e protección civil.

Convenios reguladores da agrupación ou asociación de concellos e prazo de remisión

1. Aqueles concellos que desexen formular unha solicitude conxunta, deberán regular a agrupación ou asociación mediante un convenio de colaboración.

2. O convenio de colaboración terá o seguinte contido orientativo:

a. Data e parte expositiva.

b. Concellos que subscriben o convenio e capacidade xurídica con que actúa cada unha das partes.

c. Obxecto.

d. Designación do concello representante.

e. Ámbito territorial.

f. Obxectivos da colaboración e actuacións que acorden desenvolver para o seu cumprimento.

g. Xestión compartida do servizo.

h. Medios persoais e materiais, de ser o caso.

i. Financiamento da actuación.

j. Causas de resolución.

k. Prazo de vixencia do convenio.

l. Natureza do convenio.

3. En todo caso, o convenio de colaboración que regule a agrupación ou asociación de concellos deberá recoller o seguinte contido obrigatorio:

a. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación ou asociación.

b. O importe da subvención que debe aplicar cada un dos concellos agrupados ou asociados.

c. O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

d. O compromiso de non disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O convenio de colaboración subscrito entre as partes deberá achegarse no prazo máximo dun mes contado desde a notificación da resolución de concesión da subvención, aínda que poderá presentarse coa solicitude de subvención. Exceptúase o suposto previsto no artigo 11.2 en que será obrigatorio achegar o convenio xunto coa solicitude.

5. No caso de presentar o convenio asinado xunto coa solicitude, xa non será exixible achegalo unha vez notificada a concesión da subvención.

6. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do portal dos concellos Eidolocal, publicará un ou varios modelos de convenio relativos á xestión compartida, de forma conxunta, agrupada ou asociada, que terán carácter orientativo.

Prazo de presentación : 17/05/2013 - 17/06/2013      

 
 
Corrección de erros con data do 20_05_2013

 

INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO EN ÁMBITOS RURAIS E URBANOS

Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.

Obxecto e beneficiarios.

1. Por medio desta orde establécense as bases para conceder subvencións, en réxime de concorrencia competitiva aos concellos de Galicia, para o ano 2012, destinadas á realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.
2. As actuacións que se van subvencionar responderán a proxectos completos (fase única), do seguinte tipo:
a) Adecuación de prazas e paseos municipais.
b) Creación, adecuación ou rehabilitación de espazos e parques destinados á infancia.
3. Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2010, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de
2010 ao Consello de Contas.
4. As solicitudes presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Só poderá presentarse un proxecto por concello, no cal poderá incluírse máis dunha b) O orzamento do proxecto para o cal se solicita subvención non poderá ser superior
a 50.000 euros.
c) Que os terreos ou predios sobre os que se pretende realizar as actuacións sexan de titularidade municipal e o concello teña a plena dispoñibilidade sobre eles.
d) Que existe acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

      

Resolución publicada no DOG

 

Premios coopera Galicia entidades locais

Obxeto: 

Regular a concesión dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas de Galicia, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Beneficiarios:

a) As agrupacións de concellos de Galicia que presenten un proxecto piloto polo que teñan previsto asociarse ou coordinarse para xestionaren de forma compartida un ou varios servizos, ou polo que se mellore un sistema de xestión compartida xa implantado.

b) As mancomunidades de municipios de Galicia que presenten un proxecto piloto de mellora dun sistema xa implantado de xestión compartida de servizos ou ben un proxecto novo de creación e establecemento da xestión compartida de servizos.

c) Os consorcios locais galegos que presenten un proxecto piloto de mellora dun sistema xa implantado de xestión compartida de servizos ou ben un proxecto novo de creación e establecemento da xestión compartida de servizos.

d) As áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto piloto de mellora dun sistema xa implantado de xestión compartida de servizos ou ben un proxecto novo de creación e establecemento da xestión compartida de servizos.

Requisitos:

Ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do exercicio orzamentario que se determine na correspondente convocatoria. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgunha entidade integrante da candidatura supoñerá a inadmisión desta.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por mancomunidades ou consorcios que non teñan actualizados os seus datos no Rexistro de Entidades Locais de Galicia desta consellería, así como as dos consorcios locais de que forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.


Prazo de presentación: 30/05/2012 - 30/07/2012.

Dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución:
O prazo para ditar e notificar aos interesados a resolución será o 1 de outubro de 2012

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Orde do 18 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 101 do 29 de maio de 2012).

Corrección de erros. Orde do 18 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2012).

ANEXO DE SOLICITUDE

Resolución publicada no D.O.G.

Como funciona?

Neste servizo teráse acceso as bases das subvencións (texto da orde) e aos anexos de solicitude correspondentes a cada convocatoria aberta, no momento da súa publicación no D.O.G.

As subvencións concedidas publicaranse a traves de listados, coa expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario (clasificando os concellos beneficiarios por provincias), da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

Acceso ao servizo de información

Acceso ao servizo de solicitude telemática