Consulta do DOG
Que é?
Este servizo permite a consulta do Diario Oficial de Galicia. Regulase según a ORDE do 28 de abril de 2011 (DOG do 29 de abril) pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.
Como funciona?
Dende o 2 de maio de 2011 a versión electrónica do DOG substitue á versión impresa tradicional, adquirindo a mesma validez xurídica.
O novo portal está deseñado como un espazo que articula todos os contidos relacionados co DOG electrónico, facilitando a súa consulta de xeito sinxelo, intuitivo e aberto a todos os cidadáns.
O portal está articulado a través dunha páxina principal que contén accesos directos ás funcións principais e tres pestañas que agrupan os seguintes contidos:
- Consulta do DOG: pódese consultar ou buscar calquera contido dentro do DOG. Tamén é posible escoitalo e descargar unha copia.
- Sevizos do DOG: podemos verificar o CVE, subscribirnos ao DOG ou publicar un anuncio calculando e pagando as correspondentes taxas.
- Axuda: información sobre a publicación de anuncios, a oficialidade e verificación do DOG, así como un resumo coas preguntas mais frecuentes.
- A integridade do texto asinado, e deste xeito, a non modificación do mesmo.
- O non repudio, e polo tanto, a autoría do asinante.
• Calquera copia do DOG que conteña impreso o CVE correspondente terá a consideración de copia fidedigna.
• O
CVE permitirá
cotexar calquera páxina dunha copia coa
publicación orixinal, para o que so será preciso:
- Acceder ao DOG electrónico.
- Introducir o CVE que figura na copia para acceder directamente ao orixinal.
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a