Inserción de anuncios no DOG
Que é?
Este servizo permítelles realizar envíos de disposicións ao DOG a aqueles usuarios que estean autorizados previamente polo Diario Oficial de Galicia.
Como funciona?
Para poder acceder a este servizo, cómpre ser dado de alta previamente como usuario (pode demandalo cubrindo esta solicitude de alta no sistema de inserción de anuncios no DOG). A alta neste sistema permítelle a quen posúa certificado dixital o acceso a el mediante a introdución do par usuario + contrasinal (que se lle notificará ao solicitante despois da aceptación da súa solicitude). Ademais, é necesario dispoñer de Certificado dixital clase 2CA da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.
Para poder realizar o envío, o usuario deberá ter elaborado o anuncio nun documento que será o que teña que anexar na pantalla do envío. Ademais, terá que ter aboado no banco ou caixa de aforros a correspondente taxa, co valor que poderá calcular mediante a opción incluída no propio servizo (cálculo da taxa).
Para visualizar instruccións máis detalladas sobre como inserir telemáticamente un anunción no DOG acceda aquí (instruccións).
Dende esta opción, tamén pode comprobar se a configuración do seu navegador cumpre os requisitos técnicos.
Acceso ao servizo
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a