[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Guía do cidadán

Subir

Que é?

Servizo que ofrece unha guía de procedementos administrativos nos que se pode obter información clara e concisa (obxecto, normativa, documentación, solicitude e directorio de unidades xestoras), dos distintos procedementos administrativos, de interese para o cidadán, xestionados polas diferentes consellerías da Xunta de Galicia.
Subir

Como funciona?

A busca pode realizarse por varios criterios á vez (por exemplo: perfil do solicitante: agricultor, tipo de precedementos: subvencións, consellería: Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural), xa que non son excluíntes, se ben debe vostede ter en conta que o abanico de resultados será maior canto menos se acote a busca.


Os criterios establecidos clasifícanse por:

  1. Materia.
  2. Perfil do cidadán que solicita información.
  3. Consellería.
  4. E finalmente por un texto libre de busca.


Unha vez localizado o procedemento, poderase visualizar toda a súa información detallada: obxecto, normativa, documentación que cómpre presentar, modelo de solicitude normalizada (formato pdf), prazos e enderezos e teléfonos de contacto das unidades administrativas responsables da tramitación.

Finalmente, lembre que o contido da Guía do Cidadán ten carácter informativo para quen o solicite e, polo tanto, en ningún caso entrañará unha interpretación normativa á que se refire o artigo 37.10º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Subir

Acceso ao servizo

  Acceso a iMit

     Acesso a DXAL

Formación na EGAP

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP

Acceso a Galimap