[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Lugo

FOLGOSO DO COUREL

Decreto 285/2008, do 4 de decembro, DOG núm 4 (7 de xaneiro de 2009)

En campo de ouro, un castiñeiro deitado con dúas cruces de Santiago de goles, unha a cada lado; en punta, encaixado de catro picos altos de sinople sobre ondas de prata e azur. Ao timbre, coroa real pechada.

O castiñeiro, cunha plantación no municipio dunhas 1500 hectáreas, representa o medio ambiente; as cruces aluden á célebre encomenda da Barra na Orde de Cabalería de Santiago, á que pertencía o termo municipal; o encaixado simboliza a serra do Courel, a serra da Trapa e a serra de Lourenzá, así como os montes de Formigueiros e Pía Paxaro; e as ondas de azur e prata lembran os ríos Lor, Lóuzara e Carballido.

Texto Decreto Escudo [PDF]

Decreto 286/2008, do 4 de decembro, DOG núm 4 (7 de xaneiro de 2009)

En pano de amarelo, un castiñeiro de verde; e no terzo de abaixo, unha franxa encaixada de catro picos altos de verde.

O castiñeiro, cunha plantación no municipio dunhas 1500 hectáreas, representa o medio ambiente; as cruces aluden á célebre encomenda da Barra na Orde de Cabalería de Santiago, á que pertencía o termo municipal; o encaixado simboliza a serra do Courel, a serra da Trapa e a serra de Lourenzá, así como os montes de Formigueiros e Pía Paxaro.

Texto Decreto Bandeira [PDF]


« voltar

  Acceso a iMit

     Acesso a DXAL

Formación na EGAP

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP

Acceso a Galimap