Ourense
CASTRELO DO VAL
Decreto 337/1999, do 9 de decembro DOG núm. 250 (29 de decembro de 1999)
De sinople (verde), unha torre de ouro (amarelo) acompañada en xefe dunha cruceta patada do mesmo e dúas vieiras de prata (branco); bordura de sable (negro), cunha cadea de ouro. Ó timbre, a coroa real pechada.
Tráense ó campo deste escudo os aspectos máis destacables da súa singularidade histórica: o castelo, que recorda ó que lle dá nome á municipalidade; a cruceta patada, que alude ó vello mosteiro de Servoi; e as dúas vieiras, xa por fin, que simbolizan a recuperada ruta xacobea, coñecida como Vía de la Plata. Como oportuno complemento, disponse a cadea de ouro sobre negro, que é recordo xa utilizado por outros municipios galegos para aludir á gran Casa de Monterrei, que tivo unha presencia e un influxo histórico particularmente notable nestas terras.
Decreto 328/2002, do 14 de novembro DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)
Sobre o pano verde, a torre de amarelo; terciado á hasta, de negro coa cruceta patada de amarelo, acompañada das vieiras de branco.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a