Observatorio da sociedade da información e a modernización de Galicia
Que é?
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) é un órgano asesor para a valoración da evolución da sociedade da información, a modernización administrativa e a administración electrónica nas administracións públicas de Galicia, e para a participación e colaboración coas distintas Administracións públicas.
O OSIMGA é un sistema de información para a análise, comparación, seguimento e divulgación de datos, infomación e coñecementos nas devanditas materias.
Creado e regulado por Decreto, o OSIMGA está adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Promotores:
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) é a promotora do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
A SXMIT é o órgano superior da Administración autonómica que ostenta a función do impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), así como a súa aplicación para a modernización e impulso da innovación de Galicia en cuestións de desenvolvemento tecnolóxico.
A SXMIT, a cargo da estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia, dirixe de xeito global a aplicación das TIC na Administración autonómica e colabora no impulso da sociedade da información en Galicia.
A SXMIT depende directamente do presidente da Xunta de Galicia como apoio ás distintas consellerías en todas estas tarefas; é por iso que desde estas se colabora a nivel global para lograr a consecución dos obxectivos.
Estrutura:
O OSIMGA, como órgano asesor, estrutúrase nun pleno e en grupos de
traballo técnico. No pleno, ademais da Secretaría Xeral de Modernización están representados outros
departamentos Administración autonómica, como son as consellerías de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza, de Economía e Industria, e de Facenda, ou o Instituto Galego de Estatística.
Ademais, forman parte do pleno representantes da Administración do Estado, da universidade, da
Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), así como personalidades de recoñecido
prestixio en materia da sociedade da información e da modernización administrativa.
Como funciona?
A través do seu sitio na internet, as administracións públicas, a cidadanía, as empresas, os profesionais e interesados en xeral disporán de indicadores referidos a Galicia, cos que poderán facer un seguimento do nivel de modernización administrativa e a administración electrónica de Galicia.
Subir
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a