Outros servizos e-Administración
Que é?
Nesta opción o usuario poderá interactuar con aplicacións de consulta, tramitación e oficinas virtuais que ofrecen as distintas consellerías da Xunta de Galicia. Nalgúns servizos requírese certificado dixital e noutros o acceso é mediante claves proporcionadas previamente pola Administración autonómica.
Como funciona?
O usuario poderá seleccionar a ligazón e acceder ao servizo correspondente coas claves de acceso e/ou co seu certificado dixital da FNMT. Dependendo da aplicación, permitiralle facer consultas, imprimir listaxes, solicitar información, facer xestións privadas coa Administración autonómica etc.
Acceso ao servizo
|
SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS: |
||
|
|
Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (CeMIT) A
Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica é unha
iniciativa posta en marcha pola Xunta da Galicia que busca impulsar as TIC e a Sociedade da
Información na comunidade galega. Esta rede forma parte da
Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no
Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia
tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.
A Rede CeMIT nace cos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, e impulsar, potenciar e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación en tres colectivos principalmente: cidadanía, profesionais TIC e empregados públicos A nova Rede CeMIT configurase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade, a competitividade empresarial, a eInclusión, o eBenestar e o pulo da eAdministración. Pechar |
|
|
|
Rede de aulas multimedia A Dirección Xeral de
Comunicación ten dentro de seus obxectivos a formación no ámbito da comunicación dixital mediante
as contribucións das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación audiovisual. Con este fin, utiliza
a rede de centros de comunicación, formada pola rede de aulas multimedia de Galicia e a rede de
telecentros de comunicación.
A rede de aulas multimedia constitúese como un medio de comunicación audiovisual necesario para levar a cabo o seu obxectivo fundamental: achegarlle á cidadanía programas de formación multimedia e audiovisuais, que responden ás novas demandas como desenvolvemento de páxinas web, vídeo na internet, CD interactivos, teleformación e arte dixital. O Centro Multimedia de Galicia actúa como centro neurálxico da rede de aulas multimedia, prestándolles soporte e mantemento, así como coordinación e reserva dos diferentes eventos que se realizan. A través deste servizo pódense reservar aulas multimedia para realizar calquera evento sen ánimo de lucro. Poden reservar cidadáns en xeral, grupos e colectivos espcíficos, estudantes, administracións locais ou empresas. A Sala Audiovisual dispón de equipos informáticos, sistemas de proxección, equipos de imaxe e son e equipos de videoconferencia. Estas salas están pensadas para permitir a transmisión de eventos relevantes, presentacións, cursos etc., que se poderán seguir desde calquera outra aula multimedia. A sala web está formada por equipos informáticos e equipos de videoconferencia. Permite o acceso á internet de alta capacidade, vídeo baixo demanda, acceso a contidos multimedia e audiovisuais e acceso á AGI e ás súas aplicacións. Pechar |
|
|
|
Servizo bibliotecario multimedia A Dirección Xeral de
Comunicación presta un servizo bibliotecario multimedia en rede para que as bibliotecas
especializadas e de especial interese para o patrimonio bibliográfico galego xestionen os seus
fondos.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Comunicación comprometeuse co desenvolvemento das bibliotecas públicas municipais nun proxecto de grande envergadura, no que se pretende que todas as bibliotecas públicas municipais se incorporen a este sistema bibliotecario multimedia en rede (Millennium) a través dunha única interface de busca. O obxectivo final deste proxecto é que o usuario, dende calquera punto onde estea, poida saber en que biblioteca se atopa o libro que lle interesa ler. Pechar |
|
|
|
Oficina técnica da TDT O primeiro dos traballos
desenvolvidos pola Oficina de TDT foi a caracterización e elaboración dun 'Diagnóstico do escenario
de explotación da TDT en Galicia', como exercicio necesario para a identificación das
barreiras que estaban a actuar como inhibidoras do desenvolvemento efectivo da TDT na nosa Comunidade Autónoma, e como paso previo á definición de
todas as liñas de actuación, recollidas posteriormente no Plano Director, que se ergan en facilitadores desas barreiras.
Tras a elaboración do diagnóstico, elaboráronse dous guías/titoriais de actuación para o desenvolvemento dos proxectos de TDT en Galicia. As guías van destinadas aos concellos galegos e entidades privadas interesados na explotación dunha canle de televisión dixital local. As guías expoñen de xeito claro e cunha linguaxe comprensible os pasos a seguir dende que se leva a cabo a solicitude para a xestión dunha canle de televisión local ata o comezo da emisión desta. Están elaborados de acordo coa normativa vixente que regula o proceso de concesión das canles de televisión dixital tanto en réxime de xestión directa como indirecta. Despois da elaboración do diagnóstico do escenario de explotación da TDT en Galicia e das guías/titoriais para o desenvolvemento dos proxectos de televisión, un dos fitos máis importantes tras a creación da Oficina Técnica de TDT foi a elaboración do Plano Director desta, no que se recollen as actuacións que esta deberá levar a cabo durante os próximos anos para asegurar o correcto despregamento da TDT na nosa Comunidade Autónoma. Plano Director de Oficina Técnica de TDT en Galicia Este Plano Director constitúe a base sobre a que xirará a actividade da Oficina Técnica ata a data do apagamento, mostrando as actividades e grupos de traballo a desenvolver, a metodoloxía de lanzamento destes, os recursos necesarios, o modelo de avaliación dos resultados obtidos, etc. . Pechar |
|
|
SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE: |
||
|
|
Formación en liña sobre Igualdade
IgualdadeFORMA ESPAZO DE TELEFORMACIÓN ofrece unha formación en liña sobre
violencia de xénero, con especial incidencia na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes;
cunha metodoloxía áxil e flexible dirixida a todas as persoas interesadas, con diferentes niveis de
formación e/ou coñecemento, incidindo na rede de profesionais que traballan en violencia de xénero
en Galicia. Os obxectivos que persegue a Secretaría Xeral da Igualdade, coa posta en marcha de
IgualdadeFORMA ESPAZO DE TELEFORMACIÓN son os seguintes:
- Sensibilizar aos homes e mulleres galegas no valor da igualdade como eixo fundamental para o
desenvolvemento social.
- Fomentar a igualdade de trato e de recoñecemento entre mulleres e homes.
- Dotar de coñecementos básicos en materia de violencia de xénero á poboación en
xeral.
- Promover a consideración da violencia machista como un problema social e político, de
todas e de todos.
- Formar en violencia de xénero a profesionais e/ou futuros/as profesionais de ámbitos
relacionados, directa ou indirectamente, con esta materia.
- Fomentar a reflexión sobre as causas e formas da violencia de xénero, dar a coñecer as súas
consecuencias, a situación actual, a lexislación e medios para a súa erradicación.
- Mellorar o desenvolvemento profesional en relación coa prevención da violencia machista e a
atención das vítimas.
A formación está dirixida a homes e mulleres de Galicia, con interese por sensibilizarse en
materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e especificamente, en violencia de
xénero. Porque todas e todos podemos aprender a ver con outra mirada, a participar no
desenvolvemento dunha sociedade igualitaria entre mulleres e homes e a implicarnos na erradicación
da violencia machista.
Pechar
|
|
|
SECRETARÍA XERAL DE MODERNIZACIÓN E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA: |
||
|
|
Rede de dinamización da sociedade da información A Rede de Dinamización da Sociedade da Información traballa a prol da alfabetización dixital para inmersión dos galegos e galegas na Sociedade da Información, titorizando tecnoloxicamente a todos os segmentos da poboación, mais facendo especial fincapé nos colectivos con menos acceso á Informática, a Internet e ás Novas Tecnoloxías. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información oferta un catálogo de Obradoiros TIC en liña, obradoiros a través de Internet de temática moi variada e adaptada as túas necesidades. Estes Obradoiros TIC en liña contan con materiais didácticos, de tal xeito que os poderás realizar cando queiras, onde queiras e ao teu ritmo. Pechar |
|
|
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA: |
||
|
|
Servizo web de asistencia xurídica gratuíta
O servizo web de
asistencia xurídica gratuíta da Dirección Xeral de Xustiza está dirixido aos profesionais
designados en procedementos de asistencia xurídica gratuíta así como ás comisións encargadas da
tramitación destes. Teñen dereito á prestación da asistencia xurídica gratuíta:
* Os cidadáns españois, os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan legalmente en España cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar. * As entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, en todo caso. * As seguintes persoas xurídicas, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar: - Asociacións de utilidade pública previstas no artigo 4º da Lei 191/1964, do 2 de decembro, reguladora das asociacións. - Fundacións inscritas no rexistro administrativo correspondente. - Na orde xurisdicional social (laboral), para a defensa en xuízo, os traballadores e os beneficiarios do sistema da Seguridade Social. - Na orde xurisdicional penal, terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuíta os cidadáns estranxeiros que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, aínda que non residan legalmente en territorio español. - Na orde contencioso-administrativa, así como na vía administrativa previa, os cidadáns estranxeiros que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, aínda que non residan legalmente en territorio español, terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuítas en todos aqueles procesos relativos á denegación da súa entrada, á súa devolución ou expulsión do territorio español e en todos os procedementos en materia de asilo (artigo 2 e artigo 22 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro). Pechar |
|
|
|
Portal do empregado público de Xustiza
A través deste portal,
de forma cómoda e segura, o persoal ao servizo da administración de Xustiza poderá
xestionar as súas solicitudes de permisos, reincorporación ao posto de traballo despois de
enfermidade, licenza por estudos, axudas do programa de acción Social, cursos de formación
continua, vacacións. Ademais, pode consultar o cómputo acumulado polo sistema automatizado de
control horario e imprimir os partes de incidencias.
Lembre que é preciso imprimir a solicitude, asinala por vostede, recoller a sinatura do director
funcional (secretario xudicial, fiscal xefe, etc) e remitila por correo ao Servizo de Xustiza da
respectiva delegación provincial (as licencias por estudos remitiranse ao Servizo de Recursos
Humanos da Dirección Xeral de Xustiza).
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS: |
||
|
|
Rexistro de convenios da Xunta de Galicia
Un dos instrumentos básicos de colaboración ao servizo da actuación das administracións públicas son os convenios. A Xunta de Galicia pode celebrar convenios de colaboración, coordinación, execución ou asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas respectivas competencias. A Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, ten asumido a competencia para xestionar o rexistro dos convenios que asinen a Xunta de Galicia, organismos autónomos e entes de dereito público vinculados ou dependentes dela. O Rexistro de convenios regúlase polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo (DOG nº 149, do 3 de agosto de 2005), e pretende ser un elemento fundamental no proceso global de mellora dos mecanismos de transparencia e publicidade das actuacións da Xunta de Galicia. En cumprimento deste compromiso de transparencia, nesta páxina poñemos a disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos convenios asinados pola Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes. Pechar |
|
|
EGAP: |
||
|
|
Zona de matrícula de cursos de teleformación da EGAP As novas tecnoloxías da
información e das comunicacións (TIC) xogan, en plena sociedade da información, un papel
fundamental, tanto no que se refire á difusión e transferencia de coñecemento como na elaboración
dos contidos, e, de xeito especial, na formación. Dende esta opción, se vostede e persoal da
Administración autonómica, local ou estatal ou dalgunha outra administración, poderá darse de
alta e xestionar as súas matrículas nos cursos por teleformación que xestione a
EGAP.
Pechar
|
|
|
|
Acceso á teleformación da EGAP A teleformación pon á
disposición dos alumnos unha serie de recursos (programas de aprendizaxe en liña que inclúen
animacións, simulacións, audio e secuencias de vídeo, grupos de discusión entre expertos e
compañeiros, ligazóns aos materiais na web etc.) que permite desenvolver de forma moi activa,
comprensiva e flexible as capacidades dos destinatarios da formación (neste caso, os empregados
públicos), conseguindo un sistema de aprendizaxe máis individualizado e dinámico, que permite unha
constante actualización dos distintos contidos da formación, cunha interacción e proximidade entre
investigación e docencia moito maior.
Dende esta opción poderá acceder, mediante usuario e contrasinal, á teleformación da EGAP. Pechar |
|
|
|
Xogoleco A Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) crea o ‘Xogoleco’, un xogo interactivo que pretende impulsar o coñecemento e as boas prácticas no tratamento da nova Lei de contratos do sector público entre os traballadores da Xunta de Galicia. Así, dun xeito sinxelo e divertido, os empregados da Administración e todas as persoas interesadas nesta normativa, poderán familiarizarse con ela a través de cinco modalidades de xogo diferentes. O xogo xa está accesible a través da páxina web da Escola. A experiencia, pioneira nas escolas de administración pública de España, está baseada na tendencia, cada vez máis frecuente, de empregar xogos como novos modelos de ensinanza-aprendizaxe, denominada Game-Based learning. Neste sentido, nos últimos anos está crecendo o número de empresas e entidades que comprenden a importancia de incorporar instancias lúdicas aos seus procesos formativos, tendo en conta que os xogos interactivos, como calquera outro recurso cultural, son ferramentas de socialización que aportan ao xogador competencias e habilidades instrumentais e sociais. Pechar |
|
|
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA: |
||
|
|
Teleformación da Academia Galega de Seguridade Pública Como usuario do sitio web da
Academia Galega de Seguridade Pública, poderá acceder á información, rexistrarse en cursos e obter
múltiples vantaxes. Para ter acceso completo aos cursos precisa crear unha conta para vostede neste
sitio web. Ademais, cada un dos cursos pode ter unha clave de acceso que necesitará para entrar
neles. Estes son os pasos que debe seguir:
Se xa está dado de alta no sistema, só terá que visitar a opción correspondente. Pechar |
|
|
|
Aplicación SIAPOL O Siapol é unha aplicación informática en liña que é accesible a través
dun navegador ao que todos os usuarios poderán acceder dende calquera
ordenador mediante unha clave persoal. Deste modo, os axentes terán un servizo de apoio á súa
actividade que lles facilitará a definición e a consulta de procedementos de actuación así como de
ferramentas de apoio ao seu labor no ámbito autonómico. O Siapol inclúe 400 procedementos e moitas funcionalidades: consulta,
noticias, ferramentas de planificación de actividades, formación e información complementaria. Cun
sistema de busca por palabras ou un índice estruturado por materias, pódese acceder a unha
actuación reactiva e preventiva que guía o policía en distintas situacións e lle explica qué pasos
seguir, o procedemento de investigación, a elaboración de dilixencias, os formularios relacionados,
a lexislación e xurisprudencia asociada e as referencias bibliográficas asociadas.
Pechar
|
|
| SECRETARÍA XERAL E DO PATRIMONIO: | ||
|
|
Rexistro xeral de contratistas Polo Decreto 199/1995 de 10 de maio crease o Rexistro Xeral de Contratistas da
Comunidade Autónoma de Galicia que ten por obxecto, como instrumento auxiliar da contratación
administrativa, facilitar a concorrencia de licitadores e axilizar a tramitación dos procedementos
de contratación pública. Posteriormente polo Decreto 258/1995, de 5 de outubro, prodúcese a
adaptación do antedito decreto á Lei 13/1995 e polo Decreto 408/1996, de 31 de outubro modificase
de novo o decreto inicial.
Actualmente, toda esta normativa foi refundida polo Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.
Quen pode inscribirse:
A inscrición no rexistro é voluntaria, polo que non impedirá concorrer ás
licitacións ós contratistas non inscritos, tendo que presentar, neste caso, tódolos documentos
esixidos nos pregos de cláusulas que rexan nas diferentes contratacións.
Poderanse inscribir no rexistro todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que pretendan concorrer ás licitacións que convoque a Administración Autonómica a través das súas consellerías, organismos, entidades e empresas, referidas a contratos de obra, servizos públicos, subministracións, consultoría e asistencia e servizos e, en xeral, outros de natureza administrativa de conformidade có establecido na lexislación de contratos. As solicitudes de inscrición no rexistro tramitaranse perante a Secretaría Xeral e do Patrimionio da Consellería de Facenda, e presentaranse en modelo normalizado.
Vantaxes da Inscrición:
A inscrición vixente no momento da presentación da oferta eximirá ós
licitadores de presentar nas licitacións a documentación que conste no Rexistro Xeral de
Contratistas.
O Rexistro Xeral de Contratistas certificará sobre os seguintes documentos: · Personalidade xurídica e capacidade de obrar · Representación · Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para contratar do artigo 49 da lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. · Datos referidos ao IAE (alta e pagamento do derradeiro exercicio) · Situación tributaria e coa Seguridade Social · Clasificación, de ser o caso Para a presentación nas distintas licitacións, farase constar no sobre de documentación administrativa a inscrición no rexistro, indicando no mesmo o número de inscrición e grampando ao mencionado sobre unha copia simple (sen compulsa) da notificación de inscrición. Os certificados que expide o Rexistro Xeral de Contratistas son emitidos con data do derradeiro día de presentación de ofertas. Dende esta opción poderá (se dispón dun
certificado da Fábrica
Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA ou dos permisos necesarios) facer diversas
xestións como: emisión de certificados, achega telemática de documentación,
notificacións telemáticas etc...
Pechar
|
|
|
|
Sistema electrónico de facturación O sistema electrónico de facturación garante que o pago das facturas por parte da Xunta se faga en 45 días, 15 menos que o máximo legal establecido, t amén facilita a centralización de maneira uniforme de todas as facturas –tanto as manuais como as de formato dixital- emitidas polos distintos proveedores co que se acada unha xestión máis rápida e eficiente das mesmas. A creación deste Portal Electrónico permite centralizar as facturas, incorporalas ao sistema e consultar o seu estado de tramitación, xa sexan enviadas á Administración en formato dixital ou en formato papel. Permite dispoñer de información relevante para a Administración, tanto desde o punto de vista orzamentario como de xestión da tesourería. Deste xeito, os provedores poderán coñecer o estado no que se atopan as súas facturas, o que aportará unha gran transparencia ao proceso. E a propia Administración poderá tamén coñecer e xestionar axeitadamente a súa propia facturación. Actualmente, toda esta normativa foi refundida polo Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.
Quen pode inscribirse:
A inscrición no rexistro é voluntaria, polo que non impedirá concorrer ás
licitacións ós contratistas non inscritos, tendo que presentar, neste caso, tódolos documentos
esixidos nos pregos de cláusulas que rexan nas diferentes contratacións.
Poderanse inscribir no rexistro todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que pretendan concorrer ás licitacións que convoque a Administración Autonómica a través das súas consellerías, organismos, entidades e empresas, referidas a contratos de obra, servizos públicos, subministracións, consultoría e asistencia e servizos e, en xeral, outros de natureza administrativa de conformidade có establecido na lexislación de contratos. As solicitudes de inscrición no rexistro tramitaranse perante a Secretaría Xeral e do Patrimionio da Consellería de Facenda, e presentaranse en modelo normalizado.
Vantaxes da Inscrición:
A inscrición vixente no momento da presentación da oferta eximirá ós
licitadores de presentar nas licitacións a documentación que conste no Rexistro Xeral de
Contratistas.
O Rexistro Xeral de Contratistas certificará sobre os seguintes documentos: · Personalidade xurídica e capacidade de obrar · Representación · Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para contratar do artigo 49 da lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. · Datos referidos ao IAE (alta e pagamento do derradeiro exercicio) · Situación tributaria e coa Seguridade Social · Clasificación, de ser o caso Para a presentación nas distintas licitacións, farase constar no sobre de documentación administrativa a inscrición no rexistro, indicando no mesmo o número de inscrición e grampando ao mencionado sobre unha copia simple (sen compulsa) da notificación de inscrición. Os certificados que expide o Rexistro Xeral de Contratistas son emitidos con data do derradeiro día de presentación de ofertas. Dende esta opción poderá (se dispón dun
certificado da Fábrica
Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA ou dos permisos necesarios) facer diversas
xestións como: emisión de certificados, achega telemática de documentación,
notificacións telemáticas etc...
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE TRIBUTOS: |
||
|
|
Oficina virtual tributaria Na oficina virtual
tributaria poderá realizar dende presentacións telemáticas e valoracións de bens inmobles ata
consultar o estado dos expedientes. Ademais, poderá atopar toda a información relativa aos tributos
da comunidade autónoma, xa sexan propios ou cedidos, ordenada por imposto e con acceso á súa
normativa, guías explicativas e modelos.
Dende esta opción poderá acceder aos servizos con tres niveis de acceso: * Servizos con acceso libre. * Servizos con certificado dixital. * Servizos de usuarios autorizados con certificado dixital. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual de perceptores e rexistro de subvencións
A oficina virtual de
perceptores é a oficina orientada a todos os perceptores que teñen algunha relación contable coa
Xunta de Galicia. Poderá acceder dos seguintes xeitos:
Sen necesidade de ningún requisito previo aos seguintes servizos: * Validación de documentos: se vostede coñece o MAC do documento, poderá comprobar a súa validez. * Consulta da Lei de réxime financeiro e orzamentario: consulta do texto legal completo. * Consulta do rexistro público de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia. * Orzamentos do ano en curso: consulta dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio actual. Se vostede posúe un certificado dixital, poderá acceder aos seguintes servizos: * Consulta de operacións de pagamentos: permite consultar os pagos que diferentes entidades da Xunta de Galicia fixeron ao seu favor. * Mantemento de terceiros: permite consultar e modificar datos persoais, enderezos, teléfono, correo electrónico etc. DEC corredores e sociedades de corredoría de seguros: * Remisión telemática da documentación estatístico-contable dos corredores de seguros e as sociedades de corredoría de seguros á Dirección Xeral de Política Financeira. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para usuarios autorizados con certificación dixital
Esta oficina
virtual está pensada para os tramitadores administrativos (TA) e profesionais, para que poidan
realizar a presentación de liquidacións de terceiros. Para o uso da oficina virtual na opción
USUARIOS REXISTRADOS é preciso solicitar un
certificado da Fábrica
Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA.
Son válidos igualmente os certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda. Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación dos usuarios do seu despacho profesional que van acceder ás nosas aplicacións e o modelo de solicitude de autorización para a presentación e pago telemático de autoliquidacións, que deberá subscribir e asinar o tramitador administrativo (TA). Unha vez cubertos ambos documentos, dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e remitiranse por correo ou por fax ao 981544169, xunto coa certificación acreditativa da súa pertenza a Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos (TA) e profesionais (ANTAP). Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para o empregado público
Dende esta opción, se
vostede é empregado público e dispón de certificado dixital,
poderá acceder aos seguintes servizos na oficina virtual do empregado
público:
* Simulación cálculo de retribucións: para coñecer as retribucións dos empregados públicos. * Validación de documentos: se vostede coñece o MAC do documento, poderá comprobar a súa validez. * Rexistro de empregados públicos: un empregado público poderá realizar o seu rexistro para poder acceder á información e opcións que precisan deste modo de acceso restrinxido. Se vostede é un empregado público previamente rexistrado na oficina virtual do empregado público, poderá acceder coa súa clave persoal aos seguintes servizos. *Consulta do histórico da nómina: consulta da lista resumida dun perceptor nun determinado mes e ano. *Consulta de operacións na Web: Consulta das operacións realizadas sobre as contas de rexistro dun determinado usuario. *Forma de recepción de haberes: Pode cambiar a conta de correo á que quere que se lle envíe o recibo mensual de haberes ou anular o envío do dito recibo. *Recibo anual de haberes: consulta dos recibos anuais de haberes. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA: |
||
|
|
Empregarse
Dende esta aplicación
poderá facer a presentación de instancias para acceso aos procesos selectivos da Xunta de Galicia.
Nesta páxina dispón de dous enlaces para a xeración de solicitudes de acceso aos procesos selectivos. Existen duas formas de acceso: con certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA. e sen certificado. Pechar |
|
|
SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL: |
||
|
|
Oficina virtual do sistema de xestión de residuos de Galicia SIRGA é un portal a través
do cal cidadáns, empresas e administracións poden acceder a información sobre a xestión de residuos
en Galicia e tramitar, por vía telemática, diferentes procedementos administrativos. O acceso
privado de SIRGA vai dirixido a empresas ou particulares que estean inscritos ou en trámites de
inscrición no rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia. Como usuario
rexistrado, poderá consultar os seguintes servizos:
* Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia. * Estado dos expedientes. * Tramitar os documentos de traslado de residuos perigosos dentro do ámbito territorial de Galicia coas seguintes vantaxes: - Consulta en tempo real dos seus expedientes e autorizacións, con información administrativa sobre a documentación requirida e presentada, datas e prazos. - Presentación vía telemática (con certificado dixital) dos documentos de traslado de residuos perigosos, substituíndo así a presentación dos documentos impresos en papel. Posibilidade de elaborar informes a medida. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE INFRAESTRUTURAS: |
||
|
|
Catálogo de estradas
No ano 2003 iniciáronse
os traballos destinados á obtención de datos xeométricos e de equipamento para o inventario da
Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG).
A eficiente explotación da información adquirida conséguese a través dunha base de datos informatizada. Un dos resultados do inventario é o Catálogo visual de estradas, accesible dende esta páxina web para calquera persoa. A través deste catálogo accédese á imaxe visual do condutor e aos datos xeométricos máis significativos de calquera punto quilométrico que conforma RAEG. Tamén se pode realizar o percorrido visual ao longo da estrada que se seleccione avanzando ou retrocedendo segundo se necesite. Pechar |
|
|
|
Rexistro galego de emisores de compostos orgánicos volátiles (COV)
Sistema a través do cal
os titulares das instalacións comprendidas no ámbito de aplicación do
Real Decreto
117/2003 rexistran unha serie de datos necesarios para que a Administración Ambiental poda
comprobar o cumprimento das obligacións establecidas por dita normativa.
Pechar
|
|
|
|
Oficina virtual para a investigación da calidade do solo en Galicia
O solo é un medio
receptor da contaminación moi sensible e vulnerable. Esta contaminación representa un serio risco
para a saúde humana e os ecosistemas. Historicamente, os estudos de detección da contaminación e as
intervencións de prevención centráronse en diferentes áreas do medio, sen ter en consideración o
solo como receptor e transmisor da contaminación. Isto débese tanto á complexidade do seu estudo
como ao atraso existente na manifestación dos seus efectos.
A primeira norma legal que permitiu unha protección da calidade dos solos foi a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos . Esta lei regula os aspectos ambientais dos solos contaminados e faculta as comunidades autónomas para declarar, delimitar e inventariar os solos contaminados, debido á presenza de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana. O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolvemento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación. A data límite para a entrega deste informe é o 7 de febreiro de 2007. Pechar |
|
|
|
Arquivo histórico de contratacións da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Arquivo de histórico de contratación: dende esta opción o usuario poderá consultar
o histórico da contratación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Poderanse
facer consultas a partir da descrición da contratación, empresa adxudicataria, importe etc.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE SOSTIBILIDADE E PAISAXE: |
||
|
|
Axenda 21 escolar de Galicia
+ info |
visitar
»
A « A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de ensino de primaria e secundaria de Galicia. "Programa marco que pretende revisar a práctica educativa do centro para formar ás xeracións futuras; formar cidadáns responsables que adquiran unha serie de valores, actitudes, hábitos e comportamentos (capaces de participar democraticamente no medio, de tomar decisións e de asumir responsabilidades)." Promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible – CMADS, estáse a desenvolver conxuntamente coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – CEOU, toda vez que gravita directamente sobre o sistema educativo, e a implantación e o desenvolvemento consecuente da A21EG implica a reformulación do “Proxecto Educativo de Centro – PEC” e demais documentos programáticos. É un programa de inscrición voluntaria, baseado nun compromiso polas partes: centro educativo, administración autonómica (CMADS e CEOU) e administración local (concello e mancomunidades). Pechar |
|
|
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO: |
||
|
|
Consulta rexistro demandantes vivenda protexida A Consellería creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda. Dende esta opción poderás consultar os teus datos, introducindo o teu DNI, NIF ou número de pasaporte e o Número de Expediente. Pechar |
|
|
|
Consulta expedientes do plan de vivenda O Plan de Vivenda 2005-2008
ten coma obxectivo favorecer o acceso a toda a cidadanía a unha vivenda de calidade a través de
diferentes inicativas que van dende as axudas directas á subvencións de axentes intermediarios.
Os colectivos máis necesitados, os mozos e mozas, a rehabilitación e o
fomento da vivenda protexida conforman os piares do Plan. A Consellería de Vivenda e Solo no seu
esforzo de favorecer o acceso a toda a cidadanía a unha vivenda de calidade puxo en marcha
diferentes iniciativas e programas que supoñen unha oferta o suficientemente diversa para cubrir a
demanda de todos os sectores sociais.
Dende esta opción poderás consultar os teus datos, introducindo o teu DNI,
NIF ou número de pasaporte e o Número de Expediente.
Pechar
|
|
|
|
Simulador axuda do plan de vivienda A Consellería de
Vivenda e Solo no seu esforzo para favorecer o acceso a vivenda de toda a cidadanía pon en marcha
diferentes iniciativas e programas, enmarcados no Plan Vivenda 2005-2008. Ao pensar na túa vivenda
terás exposto moitas cuestións; que tipos de axuda existen, cales son os seus requisitos.
Esta ferramenta quere facilitarche información e recursos para responder ás tuas preguntas. En só 5 minutos poraste ao día, coñecerás todas as posibles axudas, coñecerás o Plan Vivenda 2005-2008 en profundidade. Pechar |
|
| DIRECCIÓN XERAL DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN: | ||
|
|
Rexistro de axentes privados de innovación A Consellaría de Innovación e Industria, a través do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (INCITE), pon en marcha o Rexistro de Axentes Privados de Innovación, unha rede de empresas especializadas en xestión da innovación capaces de levar a cabo o asesoramento e a implantación de proxectos empresariais innovadores. A función destes Axentes Privados de Innovación será de seguimento e de asesoramento ás empresas usuarias. O seu traballo consistirá no deseño e no desenvolvemento de proxectos aptos para optar aos programas de axudas en materia de innovación autonómicos, estatais e internacionais. Para formar parte do rexistro, as empresas interesadas deben formalizar a súa solicitude cubrindo o seguinte formulario. A súa candidatura será valorada e, no caso de ser aceptada, a empresa entrará a formar parte dos recursos externos de CAPITA (Centro de Apoio a Proxectos Innovadores Tecnoloxicamente Avanzados), unha nova unidade coa que o Plan Galego de I+D+I estimulará a innovación empresarial en Galicia e a colaboración entre axentes do sistema de I+D+i. CAPITA establecerá deste xeito unha rede de empresas especializadas en xestión da innovación capaces de levar a cabo o asesoramento e a implantación de proxectos empresariais innovadores coa finalidade de garantir a súa calidade e a súa viabilidade. Estes expertos apoiarán a empresas locais no desenvolvemento de proxectos en ámbitos diversos afíns ás necesidades da I+D+I, desde a xestión ou o financiamento até, por exemplo, servizos relacionados coa propiedade industrial. Se a súa organización non cumpre os requirimentos para a súa inscrición no Rexistro de Axentes Privados de Innovación pero está interesada noutras modalidades de participación en CAPITA, pode cubrir o formulario de expresión de interese. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIA, ENERXÍA E MINAS: |
||
|
|
Sistema electrónico do Rexistro de instalacións eléctricas Nesta páxina, instaladores autorizados pola Consellería de Innovación e Industria poden obter, cubrir e presentar por vía telemática os formularios para a solicitude de Rexistro de instalacións eléctricas de baixa tensión. Polo de agora, só se poderán presentar a través deste rexistro telemático da Xunta de Galicia as solicitudes relativas ás instalacións eléctricas de baixa tensión que non precisen a confección dun proxecto técnico para a súa tramitación. Para a utilización deste servizo, o instalador debe dispor de certificado dixital da FNMT Clase 2 CA. Pechar |
|
|
IGAPE: |
||
|
|
Oficina virtual do Igape Dende esta opción poderá
acceder, mediante certificado dixital, á oficina virtual do Igape. Esta páxina contén todos os
puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no Igape. Para o
acceso a determinados servizos é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3
expedido por entidade certificadora aceptada pola Consellería de Economía e Facenda. Os servizos
dispoñibles neste momento son os seguintes:
* Comprobación de documentación expedida polo Igape. Se vostede ten un documento en papel, sen validación por parte do Igape, e cun código IDE, pode comprobar nesta sección a súa validez (nun futuro tamén poderá obter o dito documento asinado electronicamente polo Igape). * Cuestionarios de definición de proxecto definidos en diversas bases reguladoras de axudas do Igape (mellora da productividade, acción exterior etc.) nas que se cita especificamente este modo de tramitación. Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telematicamente. * Cuestionarios de definición de proxecto definidos na Resolución do 9 de maio de 2005 na que se fan públicas as bases reguladoras das axudas do Igape para a elaboración de diagnósticos empresariais. Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente. * Notificación telemática. Se vostede elixiu que as notificacións do IGAPE lle sexan entregadas por vía telemática, debe comprobar con frecuencia este servizo. * Extranet de entidades colaboradoras. A través deste enlace, as entidades colaboradoras do Igape (por exemplo, entidades financeiras) poden xestionar os seus expedientes en trámite. Pechar |
|
|
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES: |
||
|
|
NERTA
NERTA é a aplicación de xestión do acceso ao sistema universitario de Galicia.
Nesta aplicación pódense realizar as seguintes operacións:
Consulta de datos:
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS: |
||
|
|
PLATEGA
PLATEGA está orientada a
facilitar a formación do profesorado que por razóns xeográficas, de horario ou situacións persoais
non ten fácil acceso ás ofertas formativas ordinarias. Ademais, estes cursos pretenden acelerar a
adaptación do profesorado ás transformacións do sistema educativo e promover as tecnoloxías da
información e a comunicación.
A Plataforma de teleformación de Galicia contén varios módulos de actividades como: foros, xornais, apuntamentos, tarefas, cuestionarios, consultas, enquisas, materiais, chats, cuestionarios, etc... Se está autorizado a facer teleformación poderá acceder a este servizo con usuario e contrasinal. Pechar |
|
|
|
Sistema de xestión de formación do profesorado Dende esta aplicación
poderánse facer dous tipos de xestión: Consulta pública do plan de formación (consultas anónimas
das actividades ofertadas no Plan Anual de Formación). E entrada no
sistema/autentificación(acceso privado para acceder a inscrición nas actividades do Plan Anual de
Formación, consultar a situación da persoa nas actividades nas que está inscrito, e outras tarefas
de xestión.
Pechar
|
|
|
|
Aplicación de consulta de centros Dende esta aplicación
poderáse acceder á busca avanzada de centros educativos non universitarios.
Pechar
|
|
|
|
Xestión académica e administrativa da educación (XADE) Dende esta aplicación
poderáse acceder a XADE (Xestión Administrativa da Educación). Esta aplicación simplifica
e moderniza os procedementos de xestión dos recursos educativos.
Outra iniciativa deste proxecto consiste en centralizar os datos académicos dos alumnos a través de Internet. Para poder acceder a esta aplicación débese estar autentificado con usuario e contrasinal. Pechar |
|
|
|
Xestión de persoal docente Dende esta
aplicación poderáse acceder á aplicación de persoal docente onde se poden consultar e facer
xestións en temas como: concursos xerais de traslados (CXT) e elección de vacantes provisionais
(EVP), oposicións a corpos docentes non universitarios, mantemento e xestión de cargos directivos e
órganos didácticos (departamentos), mantemento e xestión de coberturas, substitucións e
interinidades, listaxes de consulta de substitucións e interinidades, así como a modificación de
datos persoais.
Pechar
|
|
|
|
Xestión de oposicións para acceso a corpos docentes non universitarios Dende esta opción poderáse
inscribir nos procesos selectivos de ensinanzas non universitarias da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria. Este ano deberá crear obrigatoriamente a súa instancia dende esta
aplicación, onde poderá xerar unha copia impresa. Lembre que segue a ser obrigatorio que a
solicitude impresa se presente nos rexistros habilitados a tal efecto dentro das datas indicadas en
cada convocatoria.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA: |
||
|
|
Programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras
(PALE)
O programa PALE é un
programa dirixido aos seguintes colectivos docentes:
|
|
|
|
Programa de gratuidade de libros de texto (XADELIBROS)
O programa de
gratuidade ten como obxectivo facilitar ao alumnado a utilización dos libros de texto existentes
nos centros.
O programa XADELIBROS permite a xestión da reposición do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos. Pechar |
|
|
|
Programa de avaliación de diagnóstico (AVALDIA)
Avaliación de carácter
censual que versa sobre as competencias básicas do alumnado e que se desenvolve en todos os centros
que imparten ensinanza básica. Debe dar lugar a compromisos de revisión e mellora a partir dos
resultados que delase obteñan. O marco teórico para a súa realización é o establecido para a
avaliación xeral de diagnóstico que realiza o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte a
través do Instituto de Avaliación, entidade á que se lle encomenda a realización das avaliacións
xerais do sistema educativo. O programa permite xestionar as avaliacións.
Pechar
|
|
|
|
Axudas para estadías de inmersión lingüística (AXUDASLE)
A Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión
lingüística no ano 2010.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009. Pechar |
|
|
SERGAS: |
||
|
|
Servizos sanitarios
Esta sección está pensada
para informar a cidadanía sobre os servizos sanitarios que ofrece o sistema público de saúde. Aquí
poderá localizar calquera unidade do sistema público de saúde ou coñecer o seu funcionamento. Dende
esta opción, vostede, como usuario do Sergas, poderá realizar xestións en liña como:
* Solicitar, consultar ou modificar unha cita de atención primaria. * Solicitar a tarxeta sanitaria ou realizar calquera cambio de datos. * Se vostede fixo un trámite de tarxeta sanitaria, consultar o seu estado. * Buscar en toda a carteira de médicos do seu centro de saúde. * Solicitar unha nova tarxeta por perda, rotura ou deterioración. * Guía de servizos personalizada. * Cambiar o médico. * Información de tarxeta sanitaria. * Solicitar a tarxeta de doador de órganos e tecidos. * Subscribirse tematicamente a alertas, co fin de recibir avisos no móbil a través de SMS sobre as novas da sanidade. * Acceso aos datos da lista de espera cirúrxica a través do espazo electrónico da Sanidade pública galega, sempre e cando se dispoña de DNI electrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. * Acceso á Oficina do Provedor que dá soporte aos procesos de comunicación máis habituais entre o Servizo Galego de Saúde e os seus provedores. Permítelles realizar unha consulta ou modificación dos seus datos, e coñecer as relacións económicas. Para realizar estas xestións é indispensable que teña á man a tarxeta sanitaria, o DNI electrónico ou o certificado dixital da FNMT co obxecto de que cubra axeitadamente os datos necesarios. O uso indebido da tarxeta sanitaria será responsabilidade do seu titular. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual do provedor
A oficina virtual do
provedor constitúe un punto de encontro entre o Sergas e as empresas que lle proporcionan servizos
ou produtos.
O obxectivo da oficina virtual do provedor é o de ser unha ferramenta que permita, de forma áxil, rápida e sinxela, realizalos procesos de comunicación máis habituais entre o Sergas e os seus provedores. Entre os obxectivos desta ferramenta podemos destacalos seguintes:
|
|
|
|
Oficina virtual do profesional
Espazo dedicado aos profesionais do Sistema Público de Saúde de
Galicia que incide na información e nas actividades vinculadas á mellora da calidade sanitaria.
Tamén merecen un lugar destacado o desenvolvemento profesional e a participación dos traballadores
na planificación e xestión.
Pechar
|
|
|
|
Saga
Benvido ao Servizo de Telemático de consulta de Solicitudes de Acreditación de actividades
docentes de formación continuada das profesións sanitarias.
Con este servizo, a Comunidade Autónoma de Galicia ofrécelle a posibilidade de consultar o estado de tramitación das súas solicitudes presentadas na Secretaría Técnica do Sistema Acreditador para a súa tramitación. Para pode facer uso do servicio é necesario dispoñer de alguns dos Certificados Dixitales recoñecidos na Comunidade Autónoma de Galicia:
|
|
|
|
Plataforma de teleformación
Entorno Virtual
de Ensinanza-Aprendizaxe diseñado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia mediante a
adaptación da plataforma educativa de Teleformación Moodle. O obxectivo da mesma é o desenrolo de
accións formativas on-line, ademáis de servir de apoio á formación presencial dentro do Plan
Integrado de Formación Sanitaria. Existen dous espazos de teleformación: Aula virtual,
que é o espazo de
Teleformación de la Escola Galega de Administración
Sanitaria e o Mestre que dispón de
Cursos online da Consellería de Sanidade - Servizo Galego de
Saúde
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL: |
||
|
|
Biblioteca dixital de Galicia
A biblioteca
dixital de Galicia pretende ofrecer, ademais da referencia bibliográfica dos impresos, a imaxe e,
polo tanto, o acceso ao documento dunha importante parte do patrimonio bibliográfico galego ou de
interese para Galicia. Tamén permite consultar nunha base de datos os autores galegos.
Pechar
|
|
|
|
Arquivos de Galicia A Xunta de Galicia, a
través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural,
está comprometida co mantemento e conservación dos fondos existentes nos museos, arquivos e outros
centros documentais de Galicia.
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a través do CMG, implantou nas súas instalacións a infraestrutura e os sistemas de xestión documental e arquivística necesarios para poder ofrecer solucións integrais a entidades tales como arquivos, museos, centros de documentación etc. Estas ferramentas ofrecen características de xestión administrativa, consulta e acceso aos fondos, control de transferencias e outras que facilitan as tarefas e a prestación de servizos inherentes a estes centros, apoiando a difusión e consulta da información dispoñible. O proxecto de integración de arquivos nun sistema de xestión documental en rede xorde coa necesidade dos arquivos de dispoñer dunha ferramenta de xestión documental específica que permitirá compartir entre varios arquivos recursos, tanto de material informático como de persoal experto nestes sistemas. Outro factor que inflúe na xeración deste proxecto é o nacemento dun estándar internacional de unificación da documentación arquivística. A tendencia dos arquivos a seguir este estándar e a necesidade dunha ferramenta informática global e moderna conforman, en definitiva, dous argumentos de peso capaces de xuntar os diversos arquivos dependentes da Consellería de Cultura nun proxecto común. O directorio de arquivos de Galicia achega datos de interese, así como as súas webs respectivas. Inclúe, asemade, unha ampla colección de ligazóns de interese. Esta ferramenta ofrece a consulta e acceso aos fondos dos arquivos dispoñibles, apoiando a difusión e consulta da información. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA: |
||
|
|
Rede de Bibliotecas de Galicia Portal de información sobre as bibliotecas do país e con multitude de recursos bibliotecarios en rede. Pechar |
|
|
|
Galescena Galescena, é o
principal instrumento de traballo para programadores, compañías, grupos de música e outros axentes
que teñan relación coas programacións da Consellería de Cultura e da AGADIC, a través dunha
intraweb que facilita a xestión das nosas redes de programación, de maneira que todos os trámites
de inscrición de compañías e grupos; proceso de contratación; recollida de datos de asistencia;
etc, das diferentes redes xestionadas, poden facer a través desta nova ferramenta.
Pechar
|
|
|
|
Axencia audiovisual galega A Axencia apoia a creación audiovisual en Galicia, mediante axudas económicas, asesoramento técnico e actividades de promoción e difusión. A web ofrece ferramentas para a produción e a promoción, así como dá a posibilidade de descargar obras audiovisuais galegas. A través dunha Oficina de Produción Virtual, a Axencia ofrece asesoramento continuo aos diferentes profesionais nos proxectos que están a elaborar en todas as súas fases de realización. Este servizo inclúe titorías, formación, consultas on line, manuais, bases de datos, informes, estatísticas e documentos visuais e sonoros. Na oficina de Promoción ofrece consultas sobre formación, investigación, festivais e mercados e cinemas dixitais. Pechar |
|
|
|
Catálogo de publicacións do CSBG
Neste catálogo aparecen
referenciadas todas as publicacións de carácter venal editadas pola Xunta de Galicia. Tamén pode
atopar relacións de todas as obras esgotadas e información puntual das últimas novidades.
A web constitúe un catálogo en liña das publicacións editadas pola Xunta de Galicia. Permite consultar a relación de obras esgotadas, así como as últimas novidades. Pechar |
|
|
SECRETARÍA XERAL DE FAMILIA E BENESTAR: |
||
|
Programa MATIASS Este programa presta
información sobre prestacións e recursos sociais, soportes documentais, pautas e metodoloxía de
traballo social, convocatorias de axudas nas diferentes áreas de actuación, solicitudes, exemplos
prácticos, formación, lexislación, así como direccións de interese, enlaces coa internet, novidades
etc. Ao mesmo tempo serve como instrumento de traballo social operativo e axustado á realidade
unificando criterios de actuación dos/das traballadores/as sociais atendendo aos criterios da
lexislación vixente.
Pechar
|
||
|
|
Programa Cativ@s A aplicación informática
CATIV@S para a xestión de información dos menores: permite transmitir información entre todas as
entidades que interveñen con un menor e, ó mesmo tempo, serve de almacén de tódolos documentos que
se van xerando. Calquera das persoas que interveñen no proceso (non só as delegacións e as dos
servizos centrais) pode acceder a unha boa parte dos documentos relativos aos menores. A aplicación
inclúe tamén os modelos de tódolos documentos (informes, resolucións, solicitudes,...) que mais
frecuentemente se usan nestes procedementos. Este uniformización vai a facilitar tanto a redacción
como a análise da documentación. As entidades que interveñen cos menores van a poder acceder a
través de Internet a información. Esta entidades disporán de claves e contraseñas de acceso e a
información circula encriptada.
Pechar
|
|
|
Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS) O Rexistro único de
entidades prestadoras de servizos sociais (en adiante RUEPSS), regulado polos artigos 67 e 68 da
Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia recolle a información referida a
aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas e privadas, que desenvolven programas ou son
titulares de centros de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade,
infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
O RUEPSS configúrase, para o público e os profesionais de servizos sociais, como unha ferramenta para a difusión, o coñecemento e de orientación na asignación dos recursos sociais existentes. A este efecto, permite coñecer datos sobre os servizos, as instalacións, os prezos e as prazas dispoñibles, en tempo real, de cada un dos centros e programas autorizados. Así mesmo, a aplicación facilita que as entidades prestadoras de servizos sociais coñezan os datos que constan inscritos e lles permite a xestión en liña dos mesmos. Pechar |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS: |
||
|
Rexistro de empresas acreditadas de Galicia (REA) O Rexistro de Empresas
Acreditadas (REA) ten como obxectivo acreditar que as empresas que operan no sector
da construción cumpren os requisitos de capacidade e de calidade da prevención de riscos laborais.
Toda empresa que pretenda ser contratada ou subcontratar para traballos nunha obra de construción,
deberá estar inscrita no Rexistro de Empresas Acreditadas dependente da autoridade laboral onde
estea situado o domicilio social da empresa. O REA foi deseñado e posto en marcha conforme ao exposto no Real Decreto
1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da
subcontratación no Sector da Construción. " O Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia só admite
realizar as correspondentes inscricións por
vía telemática. Esta é a páxina de entrada ao REA de Galicia e nel débense
rexistrar as empresas:
|
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO EMPREGO: |
||
|
|
Rede de técnicos de emprego Esta páxina web
permítelles a emprendedores e demais demandantes dos servizos da rede localizar o técnico máis
próximo ao seu concello a través do directorio, así como informarse sobre o funcionamento dos
distintos programas das políticas activas de emprego para o fomento do autoemprego e da
contratación por conta allea, xestionados pola Consellería de Traballo. A web constitúe, ademais,
unha ferramenta de traballo dos técnicos de emprego para o intercambio de experiencias
profesionais, proxectos, e toda a información de interese que pode resultar de utilidade no
cumprimento das súas funcións.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN: |
||
|
|
Portal de emprego O Portal de
emprego permitiralle a todos os usuarios do sistema demandantes de emprego, empresarios,
xestores de emprego, orientadores laborais etc. o acceso ao conxunto dos servizos ofrecidos polo
Servizo Público de Emprego de Galicia, coas vantaxes de accesibilidade, velocidade e
proximidade que as novas tecnoloxías ofrecen.
Todo o contido do portal soporta un contorno multilingüe e está desenvolto tanto en galego como en castelán. Ademais o portal cumpre co nivel AA das recomendacións de accesibilidade WAI do W3C. O portal consta dunha área pública, de acceso non limitado e de varias áreas restrinxidas para demandantes, empresas e oficinas. Os accesos ás áreas restrinxidas serán posibles mediante login/password, aínda que certos servizos só serán posibles mediante o uso de firma dixital autorizada pola Xunta de Galicia. Servizos dispoñibles: • Para os demandantes: modificación ou impresión do seu currículo, de tal xeito que o interesado pode intervir directamente; solicitude de servizos de orientación laboral e de formación ocupacional; comprobación da dispoñibilidade e renovación da demanda de emprego; axenda persoal de citas e intercambio de mensaxes coa súa oficina. • Para as empresas: introdución de preofertas de traballo; obtención dos currículos dos candidatos á oferta; introdución de códigos de selección de empresario; consulta e peche de ofertas. • Para as oficinas de emprego: mecanización automática de datos; comunicación cos demandantes de emprego dun xeito individual ou masivo e xeración de eventos de interese; sistema de identificación e punto único de entrada. Pechar |
|
|
|
Plataforma de formación continua A Subdirección Xeral de
Formación Ocupacional, que está encadrada dentro da Dirección Xeral de Formación e Colocación da
Consellería de Traballo, xestiona desde o ano 1993 os cursos de formación profesional ocupacional
(Plan FIP), que van dirixidos exclusivamente a desempregados, para lograr a súa incorporación a un
posto de traballo cando carecen de formación suficiente para o acceso ao mercado laboral.
Xestiona, asimesmo, as accións formativas, dirixidas tanto a desempregados como ocupados, cofinanciadas pola Unión Europea (Fondo Social Europeo) e, desde o ano 2004, as accións de formación profesional continua, anteriormente xestionadas polo Forcem, que inclúen contratos programa e accións complementarias. Esta é unha plataforma a través da que se está a dar cursos de formación ocupacional a distancia, segundo as bases que rixen na correspondente convocatoria anual. Pechar |
|
|
|
Servizo de busca de formación Esta sección
ofrece información sobre a formación e cualificaciones xestionadas pola Consellería de Traballo.
Algúns dos servizos englobados nesta área correspóndense a información sobre a rede de Centros de formación, cursos de formación ocupacional, especialidades formativas, etc. Existen diferentes opcións de busca de información: Buscador de CURSOS FIP: Esta busca permítelle informarse sobre a programación de cursos de Formación e Inserción Profesional, dirixidos a desempregados inscritos no paro. Buscador de CURSOS FSE: Dende este área pódese realiza-la busca de cursos de Formación Social Europeo para desempregados e ocupados. Buscador de CENTROS: Dende este área pódese realiza-la busca de centros colaboradores de Formación Profesional Ocupacional. Actualmente son 880 os centros homologados en Galicia. Buscador de ACCIÓNS COMPLEMENTARIAS: Desde este área pódese realiza-la busca de accións complementarias e de acompañamento á formación. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO: |
||
|
|
Portal de Información Xuvenil Novo portal web deste departamento dependente de Vicepresidencia, no que os
usuarios poderán publicar colaboracións propias, compartir receitas culinarias ou expoñer a súa
obra artística na internet mediante unha galería virtual.
O novo portal non se centrará en difundir as actividades do departamento de Vicepresidencia, senón que buscará a "transversalidade" de contidos xa que aos mozos "lles preocupan os mesmos temas" que ao resto da sociedade galega. Este sitio web conterá unha sección de emprego, así como indicacións sobre os itinerarios formativos e instrucións para elaborar unha carta de presentación ou un currículo. Tamén ofrecerá información sobre as axudas para alugar vivendas, os dereitos do arrendatario ou as residencias universitarias dependentes da Xunta. Outras seccións difunden aspectos da saúde xuvenil, como os trastornos da alimentación, a información afectivo-sexual, as drogas ou a realización de tatuaxes e colocación de pendentes. O portal web informará os mozos sobre diversas formas de asociacionismo, xa que este constitúe un "termómetro da calidade democrática" dunha sociedade. Xuventude.net incluirá un taboleiro de anuncios, listas de correo individualizadas e consultas en liña que serán respondidas en menos de 48 horas. Cada unha das seccións do portal incluirá unha parte dirixida especificamente a internautas que padezan algunha discapacidade. Pechar |
|
|
CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS: |
||
|
|
Plataforma de teleformación Nexus Rede O proxecto NEXUS REDE vai
destinado a preto de 700 cooperativas e entidades de economía social galegas, de todo tipo, que
actúa en sectores económicos estratéxicos. Diríxese tamén a persoas traballadoras que precisan
mellorar a súa capacidade de xerencia, e a colectivos con risco de exclusión ou discriminación no
mercado laboral. Con este propósito, NEXUS REDE, propónse incorporar as
Tecnoloxías da Información , como ferramientas fundamentais de traballo. Así
mesmo, incorpórase o enfoque da
Igualdade de Oportunidades, como método para combatir situacións de discriminación
e de risco de exclusión de colectivos de traballadores en situación de desigualdade ou desventaxa
no mercado laboral. As solucións deseñadas por NEXUS REDE serán de aplicación entre empresas e
persoas traballadoras, do ámbito do cooperativismo e da economía social, en sectores estratéxicos
da economía galega.
A actividade programada orientase según o seguinte obxectivo xeral: Mellorar e potenciar a adaptabilidade das sociedades cooperativas galegas e das persoas socias e traballadoras que as integran, ós cambios económicos estructurais. Como obxectivos operativos están:
|
|
|
SECRETARÍA XERAL: |
||
|
|
Oficina agraria virtual A oficina agraria virtual é
unha ventanilla de atención ao usuario en Internet. Dende este punto atoparanse servizos orientados
aos cidadáns tanto para consulta de datos de caracter persoal, como para a realización de trámites
administrativos. Para acceder aos servizos persoais proporcionados dende este sitio deberá posuir
un usuario e contrasinal proporcionado pola Consellería, ou no seu lugar ter un certificado dixital
da FNMT que o autentifique ante o sistema.
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA: |
||
|
|
E-MELLORAS Xestor de axudas e estudos de viabilidade A aplicación
informática E-melloras supón unha das principais novidades para a tramitación das solicitudes de
axuda á incorporación de mozas e mozas á actividade agraria e a plans de mellora en explotacións
agrarias, consistente na posibilidade de avaliar a solicitude, e mesmo enviala, a través de
internet.
Trátase de satisfacer unha solicitude dos distintos axentes do sector agrario, que pedía unha ferramenta que lles permita analizar a viabilidade dos investimentos que se realicen nas explotacións agrarias e, por outra banda, é preciso facer uso das novas tecnoloxías na xestión administrativa, de xeito que os técnicos das oficinas agrarias comarcais aforren tempo na tramitación e dispoñan dese tempo para a asistencia aos usuarios dos servizos públicos. Pechar |
|
|
|
Programa de control leiteiro O
control leiteiro é unha ferramenta básica do Programa de mellora gandeira de
Galicia. Consiste en rexistrar, obxectiva e sistematicamente, a produción e calidade do leite das
femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co programa, co fin de estimar o
valor xenético da poboación. Se vostede ten clave de acceso, poderá consultar os datos individuais
da súa explotación.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA: |
||
|
|
Servizo de comunicación de danos producidos por ataques do xabaríl
+ info |
visitar »
A través deste servizo
poderase comunicar os danos producidos polos ataques do xabaríl. Este servizo permite a
notificación telemática dos danos causados polo xabaril nos cultivos amparados pola orde en
cuestión. Tamén permite a consulta do estado das solicitudes presentadas en papel unha vez son
recibidas e mecanizadas.
Pechar
|
|
|
|
Sistema de información territorial da biodiversidade
+ info |
visitar »
O SITEB é unha ferramenta integradora da información do medio natural galego, ao que se accede mediante un portal web, que permite a consulta de bases de datos, documentación e información ambiental de interese, así como un potente visor cartográfico, co que analizar e valorar o territorio en conxunto, contribuíndo a unha mellor xestión e divulgación dos recursos naturais. O Sistema de Información Territorial de Galicia pretende dotar aos propios técnicos da administración, consultores e investigadores de Galicia, dunha ferramenta para a análise, valoración, planificación e ordenación do territorio dende o punto de vista da conservación da natureza, subministrando toda a información posible acerca do estado de conservación da biodiversidade e xeodiversidade. A información ofrécese dun xeito intelixible, dividíndoa en diferentes apartados: - Territorio: descrición da información relacionada coa xeografía galega integrada no apartado de cartografía, incluíndo os mapas de unidades territoriais e administrativas, principais núcleos de poboación e vías, límites de espazos protexidos, modelo dixital do terreo e cartografía ambiental básica. - Banco de Datos: trátase do núcleo do sistema, dende onde poder acceder á consulta dos elementos do medio natural galego e á descrición da información cartográfica do visor cartográfico. Os diferentes bloques nos que se divide o banco de datos do SITEB son: xeodiversidade, especies, ecosistemas e espazos. - Cartografía: está composto polo visor cartográfico, que integra tódalas capas xeográficas do SITEB e as achega graficamente, posibilitando en todo momento a consulta dos diferentes elementos que integran as capas. - Documentación: aglutina textos de interese en relación ao medio natural galego, incluíndo informes técnicos, diversas publicacións, textos legais e formularios. Xunto a esta información, engádese outra de interese que permite dispoñer dos datos sobre especies do territorio galego, árbores senlleiras, especies invasoras na Rede Galega de Espazos Protexidos e, en materia de biodiversidade, os informes técnicos e estudos da Consellería de Medio Ambiente e os puntos de interese xeolóxico, xeomorfolóxico, paleoecolóxico, covas, cavidades e fervenzas de Galicia. O Banco de Datos Ambiental completarase coa información e cartografía dos límites e unidades de xestión establecidas nos espazos protexidos de Galicia, que se vincularán cos instrumentos de ordenación e xestión existentes para os mesmos. Os contidos desta ferramenta irán actualizándose cos traballos que se vaian elaborando en materia de biodiversidade e espacios naturais. Nesta liña, un dos obxectivos a desenvolver pola Dirección Xeral será o fomento de programas de seguimento das poboacións das especies, non só ameazadas, se non que tamén das comúns que poidan servir de indicadoras do estado de conservación dos ecosistemas. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para o pescador fluvial de Galicia
A través deste servizo, os
pescadores con licenza en Galicia poden tramitar, por vía telemática, diferentes procedementos
administrativos relacionados coa pesca fluvial. O acceso aos servizos pode ser público ou privado.
Servizos privados: * Solicitude para participar no sorteo de quendas para elixir coutos de pesca. Este servizo permite a presentación telemática da solicitude de participación nos sorteos para a elección de permisos de pesca en coutos para a temporada 2009, segundo o establecido no artigo 34º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).
* Consulta do estado da solicitude para participar no sorteo de quendas para elixir coutos
de pesca.
* Servizo para a venda libre de permisos de pesca.
|
|
|
SOCIEDADE ANONIMA XESTORA BANTEGAL: |
||
|
|
SITEGAL - Sistema de información de terras de Galicia do BANTEGAL Se é vostede un propietario interesado en ofrecer parcelas ao Banco de Terras de Galicia ou ben un agricultor que quere arrendar algunha das parcelas que xa se atopan dispoñibles, comprobe como os trámites son sinxelos e rápidos. Ademais, a través do SITEGAL poderá facer parte dos mesmos cómoda e rapidamente e dende o seu ordenador. É vostede un propietario interesado en ceder parcelas ao banco? Vexa como. É vostede un agricultor interesado en solicitar unha parcela ao banco? Vexa como. Pechar |
|
|
FOGGA: |
||
|
|
Axudas política agraria común (PAC 2010) Orde do 22 de febreiro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010. No marco do Regulamento (CE) 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro de 2009, polo que se
establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as no
marco da política agraria común e se instauran determinados réximes de axuda aos/ás agricultores/as
e polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1290/2005, (CE) 247/2006, (CE) 278/2007 e se derroga o
Regulamento 1782/2003, que materializa as modificacións aprobadas no marco da reforma a medio prazo
da política agrícola común denominada recoñecemento médico, publicouse o Real decreto 1680/2009, do
13 de novembro, sobre a aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de
determinadas axudas agrícolas nel a partir do ano 2010.
Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2010, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando, a indemnización compensatoria e outras axudas previstas no Contrato de Explotación Sustentable unificando tamén o período de solicitude. Pechar |
|
|
|
Xestión de dereitos de pagamento Dende esta opción poderase consultar a información relativa aos dereitos de pagamento único. Para elo deberá introducir o seu CIF/NIF/ ou NIE e a clave de acceso ou PIN que lle proporcionará o FOGGA. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E XESTIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS: |
||
|
|
Consulta de establecementos de acuicultura mariña Dende esta opción
poderanse facer consultas enliña sobre:
* Establecementos de cultivos mariños e auxiliares. * Cuadrículas vacantes e ocupadas nos polígonos de viveiros. * Trámites administrativos para o outorgamento e a modificación dos títulos habilitantes necesarios para exercer a actividade. * Unidades da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos responsables da xestión dos procedementos administrativos en materia de acuicultura mariña. Pechar |
|
|
|
Licenzas de pesca marítima de recreo en superficie
Dende esta opción pode
facer diversas xestións en liña relacionadas coas licenzas de pesca marítima, como, por
exemplo:
Se posúe certificado dixital da FNMT. * Alta da licenza. * Renovación da licenza. * Consulta e duplicado da licenza. Se non posúe certificado dixital. * Renovación da licenza. * Consulta e duplicado da licenza. Normativa: Orde de 14 xuño pola que se regula a obtención e renovación das licenzas de pesca deportiva en superficie clase A. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO: |
||
|
|
Plataforma tecnolóxica da pesca
Esta web está
estruturada en tres grandes bloques de información, distribuídos do seguinte xeito:
Información estatística. * Rexistro de buques pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia. Información comercial. * Cotizacións diarias dos produtos pesqueiros frescos. * Poxas en liña. Ligazóns a páxinas de interese pesqueiro. * Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. * Libro verde da política marítima de Galicia. * Centro de Control do Medio Mariño. * Páxinas web de cada unha das lonxas galegas. * MeteoGalicia e Instituto Nacional de Meteoroloxía. * Fishbase (identificación de peixes). Pechar |
|
|
|
Portal galego de formación pesqueira
O Portal galego de
formación pesqueira oriéntase ao público xeral e tamén recolle boa parte da información
especializada que podiamos atopar.
O portal dispón de cursos en liña, como son técnico en pesca; transporte marítimo; plan de formación, navegación e comunicacións do buque; pesca: extracción e conservación; seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar. No centro de recursos podemos atopar dende unha sección dirixida á infancia - Pescalandia - ata unha biblioteca de obras técnicas e lexislativas. No centro de documentación dispoñemos de materiais de carácter divulgativo, incluídos a Guía do consumidor de peixe fresco e documentación en formato texto. Tamén dispón de informacións sobre lonxas, mareas, estatísticas etc. Pechar |
|
|
PORTOS DE GALICIA: |
||
|
|
Sistema móbil de información de portos de deportivos de Galicia
SMIT PORTOS permítelle acceder, mediante o seu teléfono móbil, a un sistema
multimedia de información sobre os portos deportivos de Galicia. Os datos básicos dos portos
deportivos, tanto os relativos ás infraestruturas e instalacións, coma aqueles que se refiren aos
servizos que presta o porto a embarcacións e tripulantes, e tamén os que detallan o modo de acceso,
os puntos de interese turístico nas inmediacións, poderán ser consultados dende o seu teléfono
móbil.
SMIT PORTOS pode ser descargado e instalado tanto dende a web de Portos de Galicia, coma dende un teléfono móbil. Na versión en liña opera en tempo real conectando directamente o teléfono móbil a internet. Neste caso, os datos non residen na memoria do seu terminal, senón que se "baixan" de Internet ao teléfono a demanda do usuario. Isto significa que hai un tráfico de datos polo que o seu operador de telefonía lle facturará segundo o seu tipo de contrato. Esta versión en liña dispón de formatos multimedia avanzados (video, mapas dixitalizados dos portos e esquemas gráficos de modo de acceso). Pechar |
|
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a