últimasnovas
Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental
16/05/2013 | Diario oficial de Galicia

A Vicepresidencia ven de facer pública a orde do 13 de maio de 2013 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.
Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua
16/05/2013 | Fondo galego de cooperación e solidaridade

A oitava edición do programa de voluntariado no Sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego busca especialistas en turismo e igualdade. Xa está dispoñible o caderno que recolle as experiencias de 2012.
Punto de información para o apoio ao turismo de congresos no Fórum Carballo
21/05/2013 | A Voz de Galicia

A xunta de goberno de Carballo adxudicou onte os contratos de deseño, contrucción, decoración e montaxe dun punto de información de apoio ao turismo de congresos no Fórum e doutro punto móbil.
Anuncio da aprobación definitiva da ordenanza de administración electrónica
21/05/2013 | Boletín Oficial da provincia de Coruña

O concello de Cabana de Bergantiños ven de facer pública, no Boletín Oficial da provincia, a ordenanza regularadora de administración electrónica do concello.
Axudas aos concellos de Galicia para o apoio á extinción de incendios forestais
21/05/2013 | Diario oficial de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar ven de facer pública no DOG a orde do 10 de maio de 2013 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, axudas aos concellos de Galicia para o apoio á extinción de incendios forestais, consistentes na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para o exercicio desas funcións.